Educación e Cultura

- Ensaio aberto da obra VOAXA E CARMÍN no Auditorio de Rianxo - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

Ensaio aberto da obra VOAXA E CARMÍN no Auditorio de Rianxo

Dende o mes de xuño o Auditorio de Rianxo é o lugar onde se está preparando a obra teatral Voaxa e Carmín a través dunha residencia de colaboración entre o Concello de Rianxo e ButacaZero + eme2.

Voaxa e Carmín unha obra escrita por Esther F. Carrodeguas e baixo a dirección de Xavier Castiñeira no que as actrices Belén Constenla e Mabel Rivera dánlle vida a Coralia e Maruxa Fandiño Ricart, coñecidas como As Marías ou as dúas en Punto, que paseaban cada día as dúas da tarde polas rúas de Santiago de Compostela.
 
A obra está coproducida por ButacaZero + eme2 en coprodución coa MIT e conta co apoio de: Xunta de Galicia + AGADIC e coa colaboración do Concello de Rianxo.

O xoves 14 de xullo, ás 21.30 horas, terá lugar un ensaio aberto ó público e o venres 15 á mesma hora a PRESTREA.

Retirada de convites unha hora antes do comezo das funcións.