Educación e Cultura

- Pavillón Lino no Auditorio, unha comedia de variedades para toda a familia - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

Pavillón Lino no Auditorio, unha comedia de variedades para toda a familia

"Pavillón Lino" é a nova proposta escénica de Caramuxo teatro para toda a familia. Un espectáculo que nace para homenaxear o desaparecido “Pavillón Lino” da Coruña, espazo cultural de estética modernista adicado a todo tipo de actividades artísticas: teatro, cine, baile, monicreques, cómicos, autómatas...
Unha trepidante comedia de variedades cunha coidada posta en escena,na que desfilarán unha morea de pintorescos personaxes.

O espectáculo está recomendado para un público familiar, nenos e nenas a partir de 4 anos.

A entrada é de balde e pode recollerse na billeteira do auditorio unha hora antes do comezo da función.