Educación e Cultura

Fantoches Baj presenta a obra Os romeiros do caracol o vindeiro luns 28 de decembro na Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo. - Os romeiros do caracol - concelloderianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Cultura, Xuventude, Educación e Normalización Lingüística

horario de inverno:
​​​​​​​luns: 08.00 - 15.00
martes - venres: 08.00 - 22.00
sábados: 10.00 - 14.00 / 16.00 - 20.00

horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​sábados: 10.00 - 14.00

Educación e Cultura

Os romeiros do caracol

Fantoches Baj presenta a obra Os romeiros do caracol o vindeiro luns 28 de decembro na Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo.

A compañía Fantoches Baj representará a obra Os romeiros do caracol o vindeiro luns 28 de decembro na Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo, ás 18.00 horas. Está obra está destinada a maiores de 5 anos, e celebrase no marco do Titiriberia: Festival de títeres tradicionais.

Entrada de balde, previa solicitude de reserva de localidades preferentemente no correo-e auditorio@concelloderianxo.gal, ou no teléfono 664 183 217, a partir do 15 de decembro ata completar capacidade, de 9.00 a 13.30 horas en días laborais. É necesario indicar, de todas as persoas para as quen se solicita localidade: nome completo, teléfono e se son conviventes. A reserva será efectiva unicamente cando se confirme desde o Auditorio. Priorizarase só unha persoa convivente adulta acompañando as crianzas.

Os romeiros do caracol

Os irmáns Quintá percorren o camiño de volta de San Andrés de Teixido á súa casa despois de cumprir a promesa de levar ao seu defunto avó ao santuario en forma de caracol, xa que non fora de vivo. Nun enorme caracol-vivenda cóntanse e cántanse as cancións e as lendas de San Andrés. Ignacio Vilariño emprega títeres, cartel de cego, máscaras, e outros recursos do teatro popular neste espectáculo coa música en directo do acordeón diatónico de Carlos Quintá.