Educación e Cultura

Esta proposta forma parte da programación da Rede Cultural da Deputación da Coruña - Os Apalpadoriños polas rúas de Rianxo - concelloderianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Cultura, Xuventude, Educación e Normalización Lingüística

horario de inverno:
​​​​​​​luns: 08.00 - 15.00
martes - venres: 08.00 - 22.00
sábados: 10.00 - 14.00 / 16.00 - 20.00

horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​sábados: 10.00 - 14.00

Educación e Cultura

Os Apalpadoriños polas rúas de Rianxo

Esta proposta forma parte da programación da Rede Cultural da Deputación da Coruña

O vindeiro sábado 26 de decembro, a partir das 17.30 horas, o espectáculo de danza, música e teatro Os Apalpadoriños de Nelson Quinteiro encherá as rúas de Rianxo.

Dende o lugar máis agochado do Courel chegan o Xigantón do Apalpador e máis a Apalpadora Xigante, dous títeres de máis de 3 metros de alto ós que acompañan "Os Apalpadoriños", elfos rústicos e axudantes destes personaxes que propoñen un xeitoso espectáculo, tanto itinerante e de pasarrúas como de sala, praza, carpa ou escenario.
Os Apalpadoriños son músicos, bailaríns, animadores, e propoñen unha festa moi pero que moi animada a través de música galega, as panxoliñas, os cantos de reis e os xogos rítmicos e de movemento. Un equipo magnífico e unha festa rachada para cantar, brincar e bailar, con unha fabulosa tripulación artística e unha posta en escena coidada, co Xigantón do Apalpador, a Apalpadora Xigante e 6 elfos rústicos compañeiros/as desta figura con unha caracterización moi singular.
Como espectáculo, os "Apalpadoriños" ofrecen un animado concerto e contacontos con danza, contos e xogos de participación en galego, escollendo un repertorio de panxoliñas e cantos populares adaptados á figura do Apalpador. "Os Pitiños", "O pelo Roxiño", "Ghedellos de Cabra","Miñas Cousas", "Nun Bou", "O Malhao", nunha viaxe pola xeografía galega onde van deixar os agasallos.