Educación e Cultura

Desenvolverase dentro da programación do Titiriberia - Obradoiro de iniciación á Commedia Dell'Arte - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Cultura, Xuventude, Educación e Normalización Lingüística

horario de inverno:
​​​​​​​luns: 08.00 - 15.00
martes - venres: 08.00 - 22.00
sábados: 10.00 - 14.00 / 16.00 - 20.00

horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​sábados: 10.00 - 14.00

Educación e Cultura

Obradoiro de iniciación á Commedia Dell'Arte

Desenvolverase dentro da programación do Titiriberia

A Asociación Morreu o Demo, co apoio do Concello de Rianxo e a Deputación da Coruña, ofertan este obradoiro de Commedia dell ́Arte, dentro das actividades programadas no Festival especializado en títeres tradicionais, Titiriberia.
Impartido por Nando Llera, actor, director e profesor de Interpretación na Escola Superior de Arte Dramática  (ESAD) de Galicia, e presidente da Asociación Galega de Commedia dell’Arte Indignati.

As persoas participantes poderán iniciarse nas técnicas básicas da Commedia dell’Arte. Traballarán moitos dos elementos en común cos títeres de cachaporra, técnicas básicas de loita escénica, traballo coa máscara, construción dos personaxes (Arlequino, Colombina, Pantalone, Dottore, Capitano, Enamoratti...) a través da composición física, e rematarán facendo pequenas improvisacións e postas en escena propias.

  • Días: sábado 26 e domingo 27 de decembro
  • Horario: 10:00 a 14:00
  • Lugar: Centro Sociocultural A Capela do Araño.
  • Prezo: 30€ (50% de desconto ás persoas do grupo de teatro amador Airiños de Rianxo)
  • Inscrición: reserva por orde de inscrición e pago info@barrigaverde.eu
  • Prazo: enviar solicitude de asistencia antes do día 20 de decembro, achegando os datos persoais de contacto e un breve texto de presentación e de cal é o motivo de querer facer o curso.
  • Dirixido a: +16 anos (Persoas adultas que desexen achegarse á Commedia dell ́Arte e coñecer as características comúns cos títeres de cachaporra.)
  • Recoméndase o emprego de roupa cómoda de cores neutras e sen estampados nin logotipos ou debuxos.