Educación e Cultura

- O novo espectáculo da Tropa do Trapo, 4 monos en Rianxo - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

O novo espectáculo da Tropa do Trapo, 4 monos en Rianxo

O venres 19 de xullo, ás 12.00 horas, na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo a compañía de teatro A Tropa do Trapo achégase co seu novo espectáculo de contos 4 monos.

O espectáculo combina a narración oral, a música ao vivo e o teatro de obxectos para falar de como nos relacionamos entre nós e co medio, para pensar, para rir, para cantar e para soñar con outro mundo posible. A proposta dálle a volta aos emoticonos dos monos que non escoitan, non ven e non falan para que fagan todo o contrario en catro historias, que nos levan a convivir coas mulleres dunha aldea, con habitantes do Sáhara, etc. Todo cunha innovadora e atraente posta en escena, onde forma e contido se complementan para reforzar a mensaxe.

Destinada a un público familiar e infantil.

​​​​​​​Entrada de balde ata completar capacidade.

A proposta está organizada polo Concello de Rianxo coa colaboración do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.