Educación e Cultura

- MOSTRA ESCOLA DE TEATRO AIRIÑOS, Lendatarias - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

MOSTRA ESCOLA DE TEATRO AIRIÑOS, Lendatarias

A Escola do grupo de teatro Airiños de Asados, dirixida por Amantia Coello, organiza o 22 e o 28 de xullo unha Mostra de Teatro con diferentes representacións na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo

O sábado 22 de xuño as pezas que representarán son:

  • 18.00 horas: Xogamos a ...? Interpretada por Teatrinclis de Airiños.
  • 20.30 horas: Unha de contos descontados. Interpretada polo Grupo das 5.30.

A entrada é de balde ata completar capacidade e poden retirarse dende unha hora antes na billeteira do auditorio (máximo 2 por persoa). Recomendada para todos os públicos.

O venres 28 de xuño tócalle o turno aos máis maiores, os Patakamakabra, que ás 21.00 horas presentarán no auditorio Lendatarias.

Nesta ocasión a peza está recomendada para un público de a partir de 11 anos. Entrada de balde ata completar capacidade. Retirada dende unha hora antes do comezo da función (máximo 2 por persoa).