Educación e Cultura

O monólogo do actor Avelino González está dirixido á rapazada de 1º de ESO do IES Félix Muriel. - Monólogo "Contos de Contrabando" por Avelino González - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

Monólogo "Contos de Contrabando" por Avelino González

O monólogo do actor Avelino González está dirixido á rapazada de 1º de ESO do IES Félix Muriel.

O vindeiro xoves 25 de marzo, no Auditorio de Rianxo, celebrarase o monólogo Contos de Contrabando do actor Avelino González. Proposta ao abeiro do programa Rede Cultural da Deputación da Coruña.

Este monólogo está dirixido ao alumnado de 1º da ESO do IES Félix Muriel de Rianxo.

Contos de contrabando

Cóntase a historia de amor entre dous contrabandistas, el galego e ela portuguesa.
A súa relación de amor desenvólvese á par da súa vida profesional. Dedícanse os dous a unha actividade comercial sen licenza fiscal, e viven as súas vidas persoais como calquera outra persoa, e tamén sen as licenzas administrativas correspondentes. Isto provoca interferencias que poñen en perigo a relación.
E así saltando fronteiras e saltando trámites administrativos e aprendendo linguas e linguaxes segundo fose preciso, tentan consumar a súa relación... se o conseguen ou non, sábese no final.

Web de Avelino González