Educación e Cultura

- III Memorial Mireya Dieste - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

III Memorial Mireya Dieste

O vindeiro venres 6 de novembro celebrarase no Auditorio de Rianxo o III Memorial Mireya Dieste, organizado pola Irmandade da Musica Galega e o Concello de Rianxo.

Ás 18:00 horas, no Salón de Actos, celebrarase a presentación do traballo doutoral A guitarra na Galiza, de Isabel Rei Samartim, e presentado por Alejo Amoedo.

Ás 20:00 horas, na Sala Arcos Moldes, celebrarase o concerto de piano Adalid a quatro maos, a cargo de Margarita Viso e Juan Durán, e presentado por Orjáis e Isabel Rei.

Para ambos actos hai prazas limitadas, pódese realizar a reserva de localidades para cada unha das propostas en auditorio@concelloderianxo.gal (preferente) ou no telf.  664 183 217, do 2 ao 4 de novembro, de 9:00 a 13:30 h, en días laborais.
É necesario indicar, de todas as persoas para quen se solicita: nome completo, teléfono e se son conviventes.
A reserva será efectiva unicamente cando se confirme desde o Auditorio.