Educación e Cultura

- II Torneo de Poesía Recitada Erótica FERVE A LINGUA - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

II Torneo de Poesía Recitada Erótica FERVE A LINGUA

Outro ano máis a Área de Educación, Cultura e Normalización Lingüística organiza o II Torneo de Poesía Recitada Erótica: Ferve a Lingua.

As datas serán as seguintes:

  • 14 de marzo no Bar A Lareira do Pazo
  • 11 de abril no Bar Atalaia de Asados
  • 16 de maio, terceira fase e gran Final na Cafetería Castelao de Rianxo

Pode consultar as bases pinchando neste enlace ou na imaxe de máis abaixo.

Modificación do texto das bases do II Torneo de Poesía Erótica Recitada Ferve a Lingua

Coa intención de alientar a cidadanía a participar no II Torneo de Poesía Erótica Recitada, obsérvase a procedencia de permitir a inscrición de todos aqueles aos que lles interese, polo tanto mediante resolución de alcaldía modifícase o texto da base 3ª de xeito que a nova redacción será:

<<3.- As inscricións no evento realizanse por fases ata ás 12:00 horas do venres anterior no enderezo cultura@concelloderianxo.gal.

A inscrición será individual sinalando: Nome, apelidos, DNI e teféfono de contacto e fase do certame en que vai participar.

Co gallo de confirmar os inscritos publicarase unha relación daqueles o mesmo venres anterior á fase correspondente que se exporá na paxina www.concelloderianxo.es e no taboleiro informativo do Auditorio.>>

A partir das 14.00 horas do venres 6 de marzo poden inscribirse no correo electrónico cultura@concelloderianxo.gal ou no teléfono 981 100 688