Educación e Cultura

Dende o 24 ao 30 de xullo, en Rianxo. - Festival de títeres tradicionais: Titiriberia, Olladas sobre os cristovos - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

Festival de títeres tradicionais: Titiriberia, Olladas sobre os cristovos

Dende o 24 ao 30 de xullo, en Rianxo.

O Titiriberia. Olladas sobre os cristovos, festival de Títeres tradicionais celebraráse en Rianxo entre os días 24 e 30 de xullo.  Organizado pola asociación Morreu o Demo coa colaboración do Concello de Rianxo, da Deputación da Coruña e da Xunta de Galicia, conta cunha ampla programación que inclúe:

  • Compañías de Galicia, Euskadi, Cataluña, Aragón, Portugal ou Brasil pasarán polo noso festival para ofrecer os seus espectáculos.
  • Catro exposicións encherán de monicreques Rianxo.
  • Cursos de formación e obradoiros para a cativada.
  • Cinco estreas de espectáculos.
  • Pasarrúas, conferencias, mesas de debate e sesións posfuncións cos artistas.

Podes consultar toda a programación na web  Titiriberia.com.