Educación e Cultura

- Exposición, Os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

Exposición, Os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

Do 5 de novembro ao 4 de decembro, pode visitarse na sala de exposicións do Auditorio de Rianxo a exposición Os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible, un camiño para acabar coa pobreza e as desigualdade alá e acolá do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.

A exposición ‘Os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible. Un camiño para acabar coa pobreza e as desigualdades alá e acolá’ reúne 17 viñetas, unha por cada ODS, de 15 debuxantes, tanto de Galicia coma de países africanos da Lusofonía como son Mozambique, Cabo Verde e Guinea-Bissau.
A través da mostra preténdese fomentar a reflexión, a nivel local e global, sobre temas como a loita contra a fame, o acceso á saúde e á educación, a equidade de xénero ou a protección do planeta. Tamén se busca concienciar sobre as medidas que cadaquén pode tomar e/ou esixir ao respecto.