Educación e Cultura

Este espectáculo de temática científica está dirixido ao alumnado de 2º da ESO do IES Félix Muriel. - Espectáculo científico "Código Sapiens" con Vicente Mohedano e Xurxo Mariño - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

Espectáculo científico "Código Sapiens" con Vicente Mohedano e Xurxo Mariño

Este espectáculo de temática científica está dirixido ao alumnado de 2º da ESO do IES Félix Muriel.

O vindeiro venres 26 de marzo, no Auditorio de Rianxo, celebrarase o espectáculo científico Código Sapiens, Mens Lingua-Lingua Mens, unha exploración da ciencia na linguaxe, por Vicente Mohedano e Xurxo Mariño.

Proposta ao abeiro do programa Rede Cultural da Deputación da Coruña.

Este espectáculo de temática científica está dirixido ao alumnado de 2º da ESO do IES Félix Muriel.

Código Sapiens

A linguaxe! Usámola a diario tanto para organizarmos os nosos pensamentos como para os transmitir a outras mentes. É a capacidade máis exclusiva dos seres humanos: ningún outro ser vivo posúe linguaxe. É unha ferramenta esencial para a organización, o control e o desenvolvemento social.

E a pesar de todo, a súa aparición no proceso evolutivo continúa a ser un dos maiores enigmas.

Non sabemos nin cando nin como se desenvolveu a linguaxe. Mais temos ideas. Muitas! Neste discurshow indagaremos nalgunhas delas. Ideas que indican que a linguaxe puido aparecer para pensar en cousas que non están diante dos ollos, para imaxinar cousas que non existen. E todo co obxectivo de deixarmos de ser comedores de medula ósea e podermos acceder a unha dieta en condicións.

+ información sobre Código Sapiens