Educación e Cultura

O Concello de Rianxo anima á veciñanza a participar desde as súas casas a través das redes sociais, sen perder o espírito do Entroido. - Entroido Virtual Rianxeiro 2021 - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

Entroido Virtual Rianxeiro 2021

O Concello de Rianxo anima á veciñanza a participar desde as súas casas a través das redes sociais, sen perder o espírito do Entroido.

O Entroido Virtual Rianxeiro 2021 consiste na celebración do Entroido a través das redes sociais, animando ás familias a publicar fotografías e vídeos curtos cos seus disfraces, complementados con escenificacións e actuacións: cantando, bailando, actuando...

As categorías nas que se pode participar son tres: individual, familiar (deben aparecer membros de distintas xeracións) ou grupos virtuais, para facilitar que participen grupos de non conviventes, sempre que non aparezan no vídeo de forma conxunta.

As fotos e vídeos publicaranse co cancelo #entroidorianxeiro2021 nas redes sociais Facebook, Instagram, TikTok, Twitter e Youtube.

Para cada categoría sortearanse lotes de agasallos ou vales para consumir no comercio local, nun sorteo público que se realizará o 23 de febreiro.

As publicacións que desexen participar no sorteo deberán enviar a ficha de inscrición, que se pode descargar no espazo específico rianxo.gal/entroido, e no caso dos menores de idade, deberán contar coa autorización da nai, pai ou titor/a legal.

Toda a información e as normas de participación están dispoñibles en rianxo.gal/entroido.