Educación e Cultura

- Duarte Galbán e David Perdomo, noite de monólogos - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

Duarte Galbán e David Perdomo, noite de monólogos

O sábado 12 de xaneiro, ás 20.00 horas, a sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo acollerá por primeira vez o novo espectáculo Tempos Modernos con David Perdomo e Duarte Galbán.

Como escribe o propio Duarte no seu Facebook

"Non vos imaxinades as ganas que tiña de contarvos que... ESTREO MONÓLOGO! 💃🏿 E como non podía ser doutro xeito, vai ser co “broda” DAVID PERDOMO, o 12 de xaneiro no Auditorio Municipal de RIANXO! 🎭

“Tempos Modernos” é un espectáculo de humor actual, canalla e do país, no que levo tempo traballando xunto a Jose Prieto, o boss da comedia galega! 😱

Pero, se algo estaba claro, é que esta estrea tiña que ser na casa! 🏡 Por fin! Gustaríame moito vervos rir, pero máis me gustaría ter as butacas cheas de amig@s e veciñ@s... ☺️ Vai ser molón, vai ser gamberro... Pero sobre todo, vai ser en RIANXO, e non sabedes a ilusión que me fai... ❤️

Compañeir@s do resto do país, animádevos! Vinde visitar a terriña, que é ben bonita, e de paso, vémonos? 🌍 As entradas xa están á venda, e non son moitas... 🎫 🎟

Para calquera cousa, escribídenos!
Grazas polo cariño! 🙌🏽"

As entradas xa están á venda. Anticipada (10 €) en Encarnita Moda e na Cafetería Castelao de Rianxo. Na billeteira (12 €), dispoñibles o propio día do espectáculo dende unha hora antes do comezo.

Máis información en temposmodernosshow@gmail.com