Educación e Cultura

- DANZA: Atlántica de BalletNorte - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Cultura, Xuventude, Educación e Normalización Lingüística

horario de inverno:
​​​​​​​luns: 08.00 - 15.00
martes - venres: 08.00 - 22.00
sábados: 10.00 - 14.00 / 16.00 - 20.00

horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​sábados: 10.00 - 14.00

Educación e Cultura

DANZA: Atlántica de BalletNorte

BalletNorte achégase a Rianxo, o vindeiro sábado 17 de outubro, ás 21.00 horas no Auditorio, representará o seu espectáculo Atlántica.

Atlántica é unha produción de BalletNorte en coprodución co Centro Coreográfico Galego (CCG). Unha peza coreografiada por Juan Miguel Hernández con música orixinal (composta para esta produción) de Ismael Berdei e imaxes de Pixelfilms. O título nace da relevancia que o mar ten para toda Galicia, ben sexa como vínculo de unión entre outras culturas -como os centos de anos de tradición pesqueira-, o ben como nexo de unión co continente americano - pola causa da emigración-; un eterno abrazo entre as dúas beiras.

Entradas: 5 € en venta anticipada na Cafetería Toffe de Rianxo. 6 € no auditorio o propio día do espectáculo, unha hora antes do comezo. Reservas: rebecaproduccion@hotmail.com ou 645227349