Educación e Cultura

- Curso de verán da USC: Galego, porta aberta para o mundo 2: lingua, pensamento e cultura na Galiza e Portugal - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

Curso de verán da USC: Galego, porta aberta para o mundo 2: lingua, pensamento e cultura na Galiza e Portugal

Do 25 ao 28 de xuño desenvolverase en Rianxo o Curso de verán GALEGO, PORTA ABERTA PARA O MUNDO 2: LINGUA, PENSAMENTO E CULTURA NA GALIZA E PORTUGAL.

Este curso está organizado pola Universidade de Santiago de Compostela e conta con co-financiamento da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, da Academia  Galega da Língua Portuguesa, da Associaçom Galega da Língua, da Deputación da Coruña e do Concello de Rianxo.

As charlas están abertas a toda a veciñanza rianxeira que estea interesada en acudir. Compre destacar a última sesión de cada xornada, Facermos cultura:

  • Cultura escrita e prácticas de resistencia en Rianxo. O proxecto Axóuxere de Roberto Abuín, editor.
  • Se non podo bailar, non é a miña revolución. Obradoiro de danza galego-portuguesa con Carme Campo e Chus Caramés de Andar cos tempos.
  • Todas á escena. Obradoiro de teatro posdramático con Afonso Becerra, profesor da Escola Superior de Arte Dramática.
  • Unha descida en paraquedas até a música que chaman culta. Concerto didáctico de Xurxo Varela, profesor do conservatorio de Porto.

O prazo de matrícula vai dende o 15 de maio ata o 14 de xuño.

A USC recoñece 2 créditos para os cursos da Universidade de Verán 2019 a efectos de créditos ECTS (titulacións de Grao) para o seu alumnado coa seguinte equivalencia, e recibirán a tal efecto un certificado de crédito, sempre e cando cumpran coa asistencia ao 80% das horas lectivas do curso.

​​​​​​​