Educación e Cultura

Acabamos de recibir a confirmación de que os Reis Magos van visitar o Concello de Rianxo o vindeiro martes 5 de xaneiro. En breve, máis información. - Confirmado! Os Reis Magos veñen a Rianxo - concelloderianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Cultura, Xuventude, Educación e Normalización Lingüística

horario de inverno:
​​​​​​​luns: 08.00 - 15.00
martes - venres: 08.00 - 22.00
sábados: 10.00 - 14.00 / 16.00 - 20.00

horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​sábados: 10.00 - 14.00

Educación e Cultura

Confirmado! Os Reis Magos veñen a Rianxo

Acabamos de recibir a confirmación de que os Reis Magos van visitar o Concello de Rianxo o vindeiro martes 5 de xaneiro. En breve, máis información.

Oriente, decembro de 2020

Queridas familias:


Poñémonos en contacto con vós para confirmarvos que aínda que a viaxe se nos está complicando por cousa das medidas de prevención e control desta pandemia, o vindeiro martes día 5, estaremos novamente en Rianxo.

Estamos ansiosos de volver a Rianxo e, coma sempre, levarvos os agasallos e celebrar con todos e todas vós o Nadal e a chegada do ano novo, se cadra con máis ilusión e optimismo ca nunca. Xa sabemos que esta celebración non poderá ser nin tan efusiva nin tan multitudinaria como en anos anteriores, pero que saibades que imos estar aí con vós e estamos seguros de que ides desfrutar tamén da nosa visita.

Xa sabedes que este ano non podemos organizar a tradicional cabalgata, por iso imos facer un percorrido por todo o concello para poder vervos e saudarvos, aínda que sexa desde as fiestras ou balcóns das vosas casas. Queremos lembrarvos a importancia de manter as medidas de prevención, de usar a máscara, lavar ben as mans e gardar a distancia social; tamén durante a nosa visita, e sobre todo non vos esquezades de cumprir coas vosas obrigas de axudar na casa, ser aplicados na escola e tamén de divertirvos e gozar moito da familia e das vosas amizades.

Aproveitamos tamén esta carta para enviar un gran abrazo a tod@s os papás e mamás, e tamén aos avós e avoas, neste ano tan complicado para todos. A piques de rematar xa o 2020, confiamos en que o 2021 sexa un ano fantástico para todos e todas, porque estamos convencidos que coa prudencia e a debida responsabilidade todo se poderá superar.

 

Os Reis Magos

M G B