Educación e Cultura

O concerto celebrarase o vindeiro martes 23 de marzo para a rapazada do CEP Brea Segade de Taragoña. - Concerto didáctico "24 instrumentos populares galegos" por Suso Vaamonde e Xosé Lois Romero - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Cultura, Xuventude, Educación e Normalización Lingüística

horario de inverno:
​​​​​​​luns: 08.00 - 15.00
martes - venres: 08.00 - 22.00
sábados: 10.00 - 14.00 / 16.00 - 20.00

horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​sábados: 10.00 - 14.00

Educación e Cultura

Concerto didáctico "24 instrumentos populares galegos" por Suso Vaamonde e Xosé Lois Romero

O concerto celebrarase o vindeiro martes 23 de marzo para a rapazada do CEP Brea Segade de Taragoña.

O vindeiro martes 23 de marzo, no CEP Brea Segade de Taragoña, celebrarase o Concerto 24 instrumentos populares galegos polos músicos Suso Vaamonde e Xosé Lois Romero. Proposta ao abeiro do programa Rede Cultural da Deputación da Coruña.

Este concerto didáctico está dirixido aos escolares do CEP Brea Segade de Taragoña.

24 instrumentos populares galegos

Suso Vaamonde e Xosé Lois Romero lévannos de viaxe a través dos instrumentos da tradición musical galega. Entre os que poderemos descubrir durante o concerto están distintos tipos de gaitas, a zanfona, dous tipos de acordeóns, requintas e frautas, ocarinas e asubíos, así como unha grande variedade de percusións, como o bombo, o tambor, a pandeireta, a pandeira, o pandeiro, a lata, a tixola, as tarrañolas ou o charrasco. Ademais, amosarase como evolucionaron estes instrumentos ao longo do tempo, principalmente nestes últimos anos, tanto na súa construción coma nos seus usos e posibilidades.