Educación e Cultura

O vindeiro venres 28 de maio celebrarase o concerto da pianista armenia Anna Sarkisova, dentro do Programa de Música de Cámara-IV Ciclo Novos Intérpretes da EMR e o Concello de Rianxo 2021. - Concerto da pianista armenia ANNA SARKISOVA - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

Concerto da pianista armenia ANNA SARKISOVA

O vindeiro venres 28 de maio celebrarase o concerto da pianista armenia Anna Sarkisova, dentro do Programa de Música de Cámara-IV Ciclo Novos Intérpretes da EMR e o Concello de Rianxo 2021.

O vindeiro venres 28 de maio, ás 20.30 h, na Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo terá lugar un concerto da pianista armenia Anna Sarkisova.  Esta proposta enmárcase no  Programa de Música de Cámara-IV Ciclo Novos Intérpretes da EMR e o Concello de Rianxo 2021.

Entrada de balde.  Só con reserva previa de localidades entre os días 12 e 27 de maio, a través de formulario no enderezo web https://concelloderianxo.gal/reservas (preferente), ou no telf 981 100 688. É necesario indicar, de todas as persoas para quen se solicita: nome completo, telf e se son conviventes. A reserva será efectiva unicamente cando se confirme desde o auditorio.

Anna Sarkisova

A pianista Anna Sarkisova goza dun recoñecido prestixio a nivel internacional pola súa capacidade para conectarse emocionalmente e desde o primeiro instante co público, mentres amosa unha técnica virtuosa e unha alta musicalidade. Ten actuado en numerosos escenarios das principais capitais culturais do mundo, recibindo o recoñecemento do público pola pureza de tono, poderosa capacidade técnica e profunda interpretación musical. Anna Sarkisova acadou diversos premios e foi finalista de varios Concursos Internacionais de Piano en Italia, Austria, Alemania, España e Estados Unidos.

A súa variada formación e traxectoria musical en Armenia, Viena e Estados Unidos, dálle unha ampla perspectiva musical, que se fai evidente nos seus concertos e a través das súas interpretacións musicais.  Doctorada en Artes Musicais pola Escola de Música Thornton - Universidade do Sur de California (USC), na actualidade Anna está traballando no seu novo álbum, que incluirá pezas de compositores de Europa Occidental e Armenia.

Anna reside habitualmente en Los Ángeles (California), mais atópase pasando unha tempada en Galiza onde ten previsto realizar varios concertos (Paraninfo da USC, Auditorio de Vilagarcía de Arousa, Ponteareas, Redondela... e Rianxo) . O Programa inclúe a interpretación de pezas de Liszt, Rachmaninoff, Babajanyan e Solar.

Información sobre a pianista Anna Sarkisova