Educación e Cultura

- Camiños de coñecemento e experiencia, programa en Rianxo - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

Camiños de coñecemento e experiencia, programa en Rianxo

O Programa Universitario de Maiores, IV Ciclo, achégase ao Concello de Rianxo co seu proxecto de democratización do coñecemento Camiños de coñecemento e experiencia.

Trátase de 6 seminarios de formación universitaria para as persoas maiores de 50 anos que se impartirán no Centro Sociocultural Auditorio de Rianxo.

LUNS 09/05/2022  16.30-18.00

Seminario: Simboloxía das cores.  Dna. Nerea Varela Castro. Colaboradora do programa universitario de Maiores, IV Ciclo da USC.

MARTES 10/05/2022  16.30-18.00

Seminario: os exvotos nos santuarios de Galicia. D. Anxo Rodríguez Lemos. Doutor en Historia. Profesor do programa universitario de Maiores, IV Ciclo da USC.

MÉRCORES 11/05/2022  16.30-18.00

Sesión práctica: saída polos arredores. Dna. Nerea Varela Castro. Colaboradora do programa universitario de Maiores, IV Ciclo da USC

XOVES 12/05/2022  16.30-18.00

Sesión práctica: aula interactiva sobre exvotos nos santuarios de Galicia. D. Anxo Rodríguez Lemos. Doutor en Historia programa universitario de Maiores, IV Ciclo da USC.

MARTES 24/05/2022  16.30-18.00

Seminario: o sono e os seus trastornos. Dna. Mónica Antelo Martelo. Dra. en Psicoloxía. Profesora colaboradora do programa universitario de Maiores, IV Ciclo da USC.

MÉRCORES 25/05/2022  16.30-18.00

Sesión práctica: técnicas para conciliar o sono. Dna. Mónica Antelo Martelo. Dra. en Psicoloxía. Profesora colaboradora do programa universitario de Maiores, IV Ciclo da USC.​​​​​​​

Máis información e inscricións no teléfono 981 100 688 ou no correo-e cultura@concelloderianxo.gal ​​​​​​​ou tamén presencialmente no Auditorio.