Educación e Cultura

- BERLAI en concerto, presenta o seu traballo "Desconhecido" (música, narrativa e ilustración) - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

BERLAI en concerto, presenta o seu traballo "Desconhecido" (música, narrativa e ilustración)

O sábado 17 de xuño, ás 21.00 horas, a Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo acollerá o concerto do artista Berlai, no que presentará o seu traballo Desconhecido, que mestura música, narrativa e ilustración.

Berlai é o proxecto musical creado por Xiao Berlai, baseado nunha música sen complexos que bebe directamente da tradición galega, do indie-pop, do rock e da música electrónica.

As letras das cancións nacen como imaxes obsesivas do universo galego: onde as berzas son urbanas, ou o millo necesita cintas de balizamento policial.

Berlai é indie rururbano, como consecuencia lóxica da música post-bravu, e así se transmite no primeiro proxecto da banda: Desconhecido.

A entrada ten un custo de 10 €. As reservas pódense facer en cunde@cunde.gal

A billeteira abrirá unha hora antes do comezo do concerto.