Educación e Cultura

- BAILA CON NÓS, taller Alecrín - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

BAILA CON NÓS, taller Alecrín

“Baila Con Nós”, un programa de obradoiros gratuítos, promovido pola Asociación Cultural Taller Alecrín, que se desenvolverá en diferentes entidades públicas, privadas e asociativas da contorna do Barbanza ao longo de mes de setembro, e que terá como obxectivo xeral a difusión e promoción do baile como actividade que fomente os hábitos saudábeis tanto a nivel individual como de parella.

Francisco Muñiz será o responsable da posta en marcha dos dous obradoiros para adultos dos que se compón dito programa: un de Linedance, modalidade de práctica individual, indicado para persoas que desexen una toma de contacto cos diferentes ritmos de baile, tanto latinos coma modernos; e outro de Bailes de Salón, modalidade encamiñada á práctica en parella dos ben coñecidos bailes estándar, latinos e tropicais.

A convocatoria, de carácter aberto e gratuíto, está prevista para o venres, 23 de setembro no Salón de actos de Cuartel Vello, na Praza Castelao, 11 de Rianxo a partir das 20:00 horas co primeiro destes obradoiros de Linedance; mentres o segundo obradoiro de Bailes de Salón, orientado a parellas, desenvolverase de 21:00 a 22:00 horas. Para calquera información pódense dirixir ao Taller Alecrín no Teléfono: 698 150 432.