Educación e Cultura

- MAGOSTO/SAMAÍN 2017 no Concello de Rianxo - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

MAGOSTO/SAMAÍN 2017 no Concello de Rianxo

O vindeiro sábado 28 de outubro, no Campo de Arriba de Rianxo, terá lugar un MAGOSTO/SAMAÍN POPULAR.

A partir das cinco da tarde desenvolveranse variadas actividades:

- Obradoiros para nenos/as: decoración de cabazos (cada un que traia o seu cabazo para decorar).

- Xogos tradicionais.

- Ambientación musical:

Pakolas (música para nenos/as)

Charanga O Recobío

Haberá castañas e chourizos asados de balde.