Educación e Cultura

- ANTÓN ALCALDE, música electrónica, no Ciclo de Novos Intérpretes - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

ANTÓN ALCALDE, música electrónica, no Ciclo de Novos Intérpretes

O rianxeiro Antón Alcalde estará o vindeiro venres 13 de outubro, ás 21.00 horas, na Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo, co Concerto con música electrónica.

O concerto enmárcase dentro da programación do Ciclo de Novos Intérpretes, que leva desenvolvéndose xa dende o mes de abril e rematará en decembro.

A entrada é de balde ata completar capacidade. Pódense retirar as entradas, máximo 2 por persoa, unha hora antes do comezo do concerto.

Antón Alcalde como intérprete estudou e recibiu clases maxistrais de percusionistas de ámbito internacional como: Daniel Riveiro, Tom Risco, Pedro Varea, Nancy Zeltsman, Nick Woud, Tobias Guttmann, Ali N'Dianye, Romain Kuonen, Jan Putsjens, Bodgan Bacanu, Josep Vicent e Diego Ventoso.

Cursou "Scoring for motion pictures & videogames" con compositores de ámbito internacional, gañadores dos premios Óscar e Globos de Ouro como: Michael Giacchino (Up, Jurassic World e o Amencer do Planeta dos Simios); Patrick Doyle (Thor, Frankenstein e Harry Potter IV); Hans Zimmer (Gladiator, Inception e Interstellar), Wataru Hokoyama (Afrika) e  Conrado Xalabarder (The Music Script in Film). Actualmente cursa a licenciatura en composición e electroacústica na ESMAE de Porto (Portugal).

É o membro máis novo da Asociación Galega de Compositores e as súas obras interprétanse en Portugal, EEUU, Canadá, Países Baixos, Alemaña, México, Italia, Francia,  Bélxica, Irlanda, Brasil, Xapón e Australia, a cargo de institucións como a Bevers Harmonieorkest, Banda Sinfónica Portuguesa, Banda Municipal de Madrid, Orquestra Real Filharmonía de Galicia, Utah State University Wind Orchestra, Simfonic Wind Ensemble, Musikgesellschaft Konkordia Egerkingen, ou a Izumo Symphonic Band–Enishi,  entre outras.

Obtivo varios premios e mencións, entre os que destacan: Primeiro premio no "II Concurso Iberoamericano de Composición para Banda" (2009). Primeiro premio no II, III e IV Concurso de Composición Galego para Banda" - sección concerto- (2009-2011); nominación aos "Hollywood Music in Media Awards" - classics- (2013); nominación aos "Hollywood Music in Media Awards" - contemporary- (2013); medalla de prata nos "Global Music Awards" (2014); e residencia de composición no ArtsIceland Institute de Islandia (2017)