Educación e Cultura

- 16 Encontro Internacional Zona da Zanfona en Rianxo - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

16 Encontro Internacional Zona da Zanfona en Rianxo

Do 3 ao 5 de xullo desenvolverase no Concello de Rianxo, Zona da Zanfona, un festival arredor deste instrumento que celebra máis unha vez o seu encontro anual na ría de Arousa. Un evento único na Península Ibérica organizado por aCentral Folque e promovido desde o Concello de Rianxo que cumpre dezaseis anos neste 2020.

A programación deste ano pivota sobre tres eixos: concertos de balde, cursos de aprendizaxe e actividades online (en inglés para audiencias non presenciais).

Os concertos son de entrada libre e este ano deben ser con reserva do billete previa ao concerto, que ademais terá capacidade limitada e distancia física entre o público, ditaminada polos protocolos de seguridade sanitaria. No correo-e auditorio@concelloderianxo.gal ou no teléfono 664183217

Os cursos serán igualmente con prazas limitadas, e hai que inscribirse no correo-e matricula@folque.com

Máis información no sitio web específico en aCentral Folque