Educación e Cultura

- 14 Encontro Internacional ZONA DA ZANFONA en Rianxo - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

14 Encontro Internacional ZONA DA ZANFONA en Rianxo

Zona da Zanfona, o único festival temático sobre este instrumento na Península Ibérica, celebra máis unha vez o seu encontro anual na ría de Arousa.  Organizado polo conservatorio de música tradicional e folque, aCentral Folque, chega a súa XIV edición co apoio do Concello de Rianxo.
Mantéñense as datas de verán, desta volta do 6 ao 8 de xullo, e desenvolverá un programa para todos os públicos, aberto tanto a aquelas persoas curiosas e interesadas no instrumento, que queiran achegarse á súa sonoridade e posibilidades, como a quen sexa descoñecedora deste instrumento cordófono de orixe medieval, e tamén a músicos especialistas.

Mércores 4 xullo.

Concerto Ambulante (Mercado na Praza de Castelao, 12.00 h)

  • Ariel Ninas & Alba María

Animación de rúa durante a celebración do mercado semanal de Rianxo, o mércores na praza de Castelao; presentación do ZdZ con concerto entre os postos do mercado.

Venres 6 xullo.

Concerto ZdZ (Praza de Rafael Dieste, 22.30 h)

  • Miro Casabella / Johannes Geworkian Hellman

Curso de Zanfona (iniciación). Auditorio de Rianxo, de 16 a 20.00 h, con Óscar Fernández *(non é preciso instrumento propio!)

Sábado 7 xullo

Baile Assalto ZdZ (Praza de Rafael Dieste, 22.30 h)

  • Grupo Mala Herba. Convidado especial Óscar Fernández. Música ao vivo para baile popular.

Cursos ZdZ (Auditorio de Rianxo. 10 h -19 h)

  • Curso zanfona (avanzado) con Johannes Geworkian
  • Curso baile con Sergio Cobos e Mercedes Prieto
  • Curso de regueifa con Alba María

Domingo 8 xullo

Palco ZdZ: Xuntanza de zanfonas. Praza de Rafael Dieste e Liceo rianxeiro.

  • 12.00 h: Palco aberto para zanfonistas de todo o país. Praza de Rafael Dieste
  • 14.30 h: Xantar aberto. Peirao de Setefogas.
  • 17.00 h: Foliada ZdZ. Peirao de Setefogas.