Calendario do contribuínte

Calendario do contribuínte - Concello de Rianxo

Calendario do contribuínte

Calendario fiscal do exercicio 2023

Mediante resolución da Alcaldía, o 2 de febreiro aprobouse o calendario fiscal para o exercicio 2023.

Concepto

Exercicio e período

Período voluntario ingreso

Data de cargo domiciliados

IVTM

2023

03/04/2023-05/06/2023

03/04/2023

LIXO

2023/1 cuadrimestre

03/04/2023-05/06/2023

04/04/2023

LIXO

2023/2 cuadrimestre

17/07/2023-18/09/2023

01/08/2023

IBI URBANA

2023

01/09/2023-02/11/2023

01/09/2023

IBI RUSTICA

2023

01/09/2023-02/11/2023

04/09/2023

IBI BICES

2023

01/09/2023-02/11/2023

01/09/2023

IAE

2023

01/09/2023-02/11/2023

05/09/2023

VADOS

2023

01/09/2023-02/11/2023

06/09/2023

LIXO

2023/3 cuadrimestre

03/10/2023-04/12/2023

03/10/2023

TAXA MESAS E CADEIRAS

 

2023

16/10/2023-18/12/2023

16/10/2023

MERCADO

2023 /TRIMESTRAL

Dous meses despois da exposición pública

Primeiro día do período voluntario

MERCADILLO

2023 /BIMENSUAL

Dous meses despois da exposición pública

Primeiro día do período voluntario

PREZO PÚBLICO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR

2023 /MENSUAL

Dous meses despois da exposición pública

 

 

SISTEMA ESPECIAL DE PAGO DO IBI RÚSTICO E URBANO​​​​​​​

Primeiro prazo: 12/06/2023

Segundo prazo: 12/09/2023

​​​​​​​

INFORMACIÓN ADICIONAL

Modo de ingreso:

Os recibos domiciliados cargaránse directamente nas contas autorizadas polo contribuínte.

Para os recibos non domiciliados, o documento preciso para efectuar o ingreso enviarase ao domicilio fiscal do contribuínte, por correo postal ordinario. Este envío non ten carácter de notificación. A non recepción dos documentos de ingreso no domicilio do contribuínte non exime a este da súa obriga de pago.

Se algún obrigado tributario non recibe no seu domicilio algún dos documentos de ingreso que precisa, poderá obtelo a través do correo electrónico recadacion@concelloderianxo.gal, chamando a Recadación no teléfono 981866661, ou de xeito presencial cando sexa posible, e sempre con cita previa https://sede.concelloderianxo.gal/opencms/gl/cita/.

Lugar, día e hora de ingreso:

  1. Os contribuíntes poderán efectuar o ingreso nas oficinas das seguintes entidades colaboradoras, dentro do horario de caixa que teñan establecido: ABANCA, BANCO SANTANDER, CAIXABANK; tamén en caixeiro automático ou por internet (se a entidade colaboradora elixida dispón deses servizos).
  2. O ingreso tamén poderá efectuarse a través da Sede electrónica do Concello de Rianxo (https://concelloderianxo.gal/es/sede), na opción de trámites/pagamento de recibos.

Referencias e importes de cobro:

Os  documentos  de  ingreso  inclúen  dúas  referencias  de  cobro  con  importes  diferentes:  a  primeira  é  válida  durante  o período voluntario de pago que se indica no recibo. A segunda é válida a partir do día seguinte ao remate do período voluntario de pago, e o importe que ten asociado inclúe o principal da débeda e a recarga executiva do 5%. Pasada a data de caducidade da segunda referencia, xa non se poderán utilizar estes documentos para realizar o ingreso da débeda, polo que deberá poñerse en contacto con Recadación.

ADVERTENCIA

Advírtese que transcorrido o período voluntario, as débedas esixiranse polo procedemento de constrinximento e deivindicaranse as recargas do período executivo, os xuros de mora e, no seu caso, as costas que se produza.