Calendario do contribuínte - Concello de Rianxo
Calendario fiscal do exercicio 2022
Mediante resolución da Alcaldía número 4, do 7 de xaneiro, aprobouse o calendario fiscal para o exercicio 2022. O 7 de marzo aprobouse unha modificación (RA 175/2022). Os períodos voluntarios de ingreso son os seguintes:
Concepto | Exercicio e período | Período voluntario ingreso | Data de cargo domiciliados |
IVTM | 2022 | 05/05/2022-05/07/2022 | 05/05/2022 |
LIXO | 2022/1 cuadrimestre | 15/03/2022-18/05/2022 | 31/03/2022 |
LIXO | 2022/2 cuadrimestre | 14/07/2022-14/09/2022 | 01/08/2022 |
IBI URBANA | 2022 | 01/09/2022-02/11/2022 | 01/09/2022 |
IBI RUSTICA | 2022 | 01/09/2022-02/11/2022 | 02/09/2022 |
IBI BICES | 2022 | 01/09/2022-02/11/2022 | 07/09/2022 |
IAE | 2022 | 01/09/2022-02/11/2022 | 05/09/2022 |
VADOS | 2022 | 01/09/2022-02/11/2022 | 06/09/2022 |
LIXO | 2022/3 cuadrimestre | 03/10/2022-05/12/2022 | 03/10/2022 |
TERRAZAS | 2022 | 01/08/2022-01/10/2022 | 02/08/2022 |
MERCADO | 2022/trimestral | Dous meses desde o fin da exposición pública | Primeiro día do período voluntario |
MERCADILLO | 2022/bimensual | Dous meses desde o fin da exposición pública | Primeiro día do período voluntario |
PREZO PÚBLICO SAF | 2022/mensual | Dous meses desde o fin da exposición pública | Primeiro día do período voluntario |
SISTEMA ESPECIAL DE PAGO DO IBI
Primeiro prazo: 10/06/2022
Segundo prazo: 12/09/2022
INFORMACIÓN ADICIONAL
Modo de ingreso:
Os recibos domiciliados cargaránse directamente nas contas autorizadas polo contribuínte.
Para os recibos non domiciliados, o documento preciso para efectuar o ingreso enviarase ao domicilio fiscal do contribuínte, por correo postal ordinario. Este envío non ten carácter de notificación. A non recepción dos documentos de ingreso no domicilio do contribuínte non exime a este da súa obriga de pago.
Se algún obrigado tributario non recibe no seu domicilio algún dos documentos de ingreso que precisa, poderá obtelo a través do correo electrónico recadacion@concelloderianxo.gal, chamando a Recadación no teléfono 981866661, ou de xeito presencial cando sexa posible, e sempre con cita previa https://sede.concelloderianxo.gal/opencms/gl/cita/.
Lugar, día e hora de ingreso:
- Os contribuíntes poderán efectuar o ingreso nas oficinas das seguintes entidades colaboradoras, dentro do horario de caixa que teñan establecido: ABANCA, BANCO SANTANDER, CAIXABANK; tamén en caixeiro automático ou por internet (se a entidade colaboradora elixida dispón deses servizos).
- O ingreso tamén poderá efectuarse a través da Sede electrónica do Concello de Rianxo (https://concelloderianxo.gal/es/sede), na opción de trámites/pagamento de recibos.
Referencias e importes de cobro:
Os documentos de ingreso inclúen dúas referencias de cobro con importes diferentes: a primeira é válida durante o período voluntario de pago que se indica no recibo. A segunda é válida a partir do día seguinte ao remate do período voluntario de pago, e o importe que ten asociado inclúe o principal da débeda e a recarga executiva do 5%. Pasada a data de caducidade da segunda referencia, xa non se poderán utilizar estes documentos para realizar o ingreso da débeda, polo que deberá poñerse en contacto con Recadación.
ADVERTENCIA
Advírtese que transcorrido o período voluntario, as débedas esixiranse polo procedemento de constrinximento e deivindicaranse as recargas do período executivo, os xuros de mora e, no seu caso, as costas que se produza.