Desenvolvemento local

O Concello de Rianxo propón unha serie de reunións por videoconferencia de representantes do Concello con persoas autónomas ou persoas que rexentan un pequeno negocio en Rianxo, co fin de analizar a actual situación provocada pola COVID-19, escoitar necesidades e valorar propostas de colaboración por parte do concello. Faranse varias reunións por sectores de actividade. - Reunións por videoconferencia, por sectores de actividade, con persoas autónomas ou persoas que rexentan un pequeno negocio no Concello de Rianxo - concelloderianxo

Promoción económica, Desenvolvemento local e Comercio

Reunións por videoconferencia, por sectores de actividade, con persoas autónomas ou persoas que rexentan un pequeno negocio no Concello de Rianxo

O Concello de Rianxo propón unha serie de reunións por videoconferencia de representantes do Concello con persoas autónomas ou persoas que rexentan un pequeno negocio en Rianxo, co fin de analizar a actual situación provocada pola COVID-19, escoitar necesidades e valorar propostas de colaboración por parte do concello. Faranse varias reunións por sectores de actividade.

Forma de conectarse:

A través da plataforma Jitsi, premendo na seguinte ligazón:

https://jitsi.concelloderianxo.gal/negociolocal

 

O acceso á plataforma pódese facer mediante:

  • Dispositivo móbil (teléfono ou tableta)

  • Ordenador persoal (portátil ou sobremesa)

En todo caso, os dispositivos deben dispor de cámara, altofalantes e micrófono.

Acceso desde un dispositivo móbil:

  • Instalar a app Jitsi Meet desde Play Store (para Android) ou App Store (para iPhone).

  • Premer na ligazón exposta máis arriba. Se desta forma non se conecta, escribir concelloderianxo.gal/negociolocal e premer en CREAR/UNIRSE.

Acceso desde un ordenador:

Premer na ligazón. Abonda con dispor, ademais da cámara, micrófono e altofalantes, dun navegador web moderno e actualizado. Recoméndase o uso dos seguintes navegadores:

  • Mozilla Firefox

  • Google Chrome

Data e hora:

  • Desde o Concello contactarase coas persoas que rexenten un negocio para acordar data e hora.

Máis información:

  • 667 115 020