Desenvolvemento local

O Concello de Rianxo propón unha serie de reunións por videoconferencia de representantes do Concello con persoas autónomas ou persoas que rexentan un pequeno comercio en Rianxo co fin de analizar a actual situación provocada pola COVID-19, escoitar necesidades e valorar propostas de colaboración por parte do concello. - Reunións por videoconferencia con persoas autónomas ou persoas que rexentan un pequeno negocio no Concello de Rianxo - concelloderianxo

Promoción económica, Desenvolvemento local e Comercio

Reunións por videoconferencia con persoas autónomas ou persoas que rexentan un pequeno negocio no Concello de Rianxo

O Concello de Rianxo propón unha serie de reunións por videoconferencia de representantes do Concello con persoas autónomas ou persoas que rexentan un pequeno comercio en Rianxo co fin de analizar a actual situación provocada pola COVID-19, escoitar necesidades e valorar propostas de colaboración por parte do concello.

Forma de conectarse:

A través de JITSI, que é unha plataforma para falar por videoconderencia, premendo na seguinte ligazón:

https://jitsi.concelloderianxo.gal/comerciolocal

O acceso á plataforma pódese facer mediante:

  • Dispositivo móbil (teléfono ou tableta)
  • Ordenador persoal (portátil ou sobremesa)

En todo caso, os dispositivos deben dispor de cámara, altofalantes e micrófono.

Acceso desde un dispositivo móbil:

  • Instalar a app Jitsi Meet desde Play Store (para Android) ou App Store (para iPhone).
  • Premer na ligazón exposta máis arriba. Se desta forma non se conecta, escribir concelloderianxo.gal/comerciolocal e premer en CREAR/UNIRSE.

Acceso desde un ordenador:

Premer na ligazón. Abonda con dispor, ademais da cámara, micrófono e altofalantes, dun navegador web moderno e actualizado. Recoméndase o uso dos seguintes navegadores:

  • Mozilla Firefox
  • Google Chrome

Data e hora:

  • Martes 26 de maio. Conexións ás 9:00 e ás 14:00 h.

Máis información:

  • 667 115 020