Campamento urbano e deportivo 2020

Campamento urbano e deportivo 2020 - concelloderianxo

Contactos Campamento 2020

campamento@concelloderianxo.gal

 

Servizo de Xuventude

664 181 401

Auditorio Municipal. Rúa Autores da Rianxeira, s/n. Rianxo

 

Servizo de Deportes

981 86 63 81

Cuartel Vello. Praza Castelao, s/n. Rianxo

Campamento Urbano e Deportivo 2020

CAMPAMENTO VERÁN RIANXO 2020 – PLAN MADRUGA

 

NOTA INFORMATIVA

As cartas de pagamento estarán dispoñibles dende o xoves 9 e poderá realizarse o pagamento ata o martes 14 de xullo. Desculpen as molestias

As reunións informativas para as familias serán o venres 10 de xullo:

10:00 CEIP Ana Mª Diéguez de Asados

11:00 CEP Brea Segade de Taragoña

12:30 Pazo de Rianxiño

É obrigatorio o uso da máscara en todo momento e desinfectar as mans co hidroxel dispoñible en cada instalación. No caso de non poder acudir publicarase o resumo da reunión na páxina web.

Axuntamos os listados coa distribución por grupos:

Listados por grupos

Pregamos a aqueles que resultaron adxudicatarios de praza, e que finalmente non van facer uso dela, que no lo comuniquen a maior brevidade para poder organizar as prazas dispoñibles.

​​​O prazo de inscrición segue aberto ata cubrir as prazas dispoñibles, tendo en conta os grupos de idade. Deben realizar a solicitude por rexistro no modelo formalizado, e confirmarase a praza por teléfono.

MATRÍCULA

As persoas con praza adxudicada terán que facer a formalización da matrícula do mércores 8 ao venres 10 de xullo. A documentación necesaria é:​​​​​​

  • Xustificante do pagamento (os recibos estarán dispoñible a partir do mércores 8 xullo)​​​​​​​
  • Declaración responsable de aceptación de condicións de participación, obrigación de información e consentimento informado: Documento
  • ​​​​​​​​​​​Autorización do uso de imaxes: Documento

INFORMACIÓN PARA AS FAMILIAS SOBRE AS MEDIDAS DA COVID-19 NO CAMPAMENTO

 

Para realizar o pagamento, teredes que solicitar a carta de pagamento ben por correo electrónico a campamento@concelloderianxo.gal ou en papel nas Oficinas de Xuventude ou Deportes. Os recibos estarán dispoñibles a partir do mércores 8 de xullo.

As inscricións realizadas a partir do venres 3 de xullo obterán praza por orde de inscrición, ata completar as prazas dispoñibles. Deben realizar a solicitude por rexistro no modelo formalizado, e confirmarase a praza por teléfono.

Pregamos a aqueles que resultaron adxudicatarios de praza, e que finalmente non van facer uso dela, que no lo comuniquen a maior brevidade para poder organizar as prazas dispoñibles.

Unha vez cubertas todas as prazas, as inscricións pasarán a unha listaxe de reserva.

 

INFORMACIÓN INSCRICIÓN CAMPAMENTO 2020

 

Este ano o Campamento de Verán 2020 estará adaptado as condicións extraordinarias derivadas da pandemia da Covid-19, seguindo as medidas e recomendacións das autoridades competentes.

 

Calendario de actividades

Do 13 de xullo ao 28 de agosto

Horario

Campamento: de luns a venres, de 10:30 a 13:30 h.

Plan Madruga: de luns a venres, a partir das 8:00 h.

Persoas Destinatarias

Nenos e nenas nados entre o 2008 e o 2016, ambos incluídos.

Lugar

Pazo de Rianxiño – CEP Brea Segade – CEIP Ana Mª Diéguez

Prazas

Campamento: 160, distribuídas do seguinte xeito:

Pazo de Rianxiño: 80

CEP Brea Segade: 40

CEIP Ana Mª Diéguez: 40

Plan Madruga: 40, distribuídas do seguinte xeito:

Pazo de Rianxiño: 20

CEP Brea Segade: 10

CEIP Ana Mª Diéguez: 10

Para a realización das actividades, campamento e Plan Madruga, deber haber un grupo mínimo de 6 participantes.

Cota de Inscrición

Campamento: 80 €

Plan Madruga: 15 €

No caso de que o participante comece a actividade despois do 20 de xullo, e como resultado de cubrir unha praza que produciu baixa, o prezo do campamento será do 75% do importe pagado.

Resérvanse 12 prazas gratuítas para persoal vulnerable derivado de Servizos Sociais do Concello de Rianxo.

​​​​​​​

Selección de participantes

  1. Nenos/as empadroados no Concello de Rianxo, que ambos pais/nais ou titores/as traballen, ou familias monoparentais cuxo proxenitor/a titor/a traballe

  2. Nenos/as empadroados no Concello de Rianxo

  3. Nenos/as solicitantes

No momento da inscrición marcarase a preferencia de localización e, para os efectos do sorteo, farase valer esa preferencia.

 

Documentación para a inscrición

- Solicitude de inscrición (descárgaa aquí)

- Volante de empadroamento familiar (só residentes no municipio, se non autorizan a consulta dos datos).

- Xustificación de ocupación da/do nai/pai, titor/a legal ou acolledor/a actualizada: certificado de empregado público, informe de vida laboral actual, certificado laboral de empresa das persoas que figuran no volante de empadroamento.

​​​​​​​IMPORTANTE: ao facer a solicitude na Sede Electrónica é necesario entregar a solicitude de inscrición normalizada: Solicitude de inscrición

 

Calendario inscrición

  • Presentación de solicitudes

do venres 26 de xuño ata o xoves 2 xullo

  • Publicación listaxes solicitantes

3 de xullo

  • Presentación de reclamacións

3 e 6 de xullo

  • Sorteo, no caso de ser necesario

7 de xullo

  • Matrícula e abono da cota

do 8 ao 10 xullo

  • Publicación das listaxes de participantes e grupos

10 de xullo

  • Reunión de presentación

10 de xullo

  • Inicio campamento

13 de xullo

​​​​​​​

Presentación de solicitudes

As solicitudes deberán presentarse, do venres 26 ao xoves 2 xullo, preferentemente de forma telemática na Sede electrónica do Concello de Rianxo (https://sede.concelloderianxo.gal/, solicitude de inscrición en aula de actividades, anexando a documentación requirida e o modelo normalizado de solicitude) ou, de non ser posible, no rexistro do Concello de Rianxo, presentando o modelo normalizado (descarga).

Todas as solicitudes presentadas a partir desta data non participarán no sorteo, no caso de habelo, e irán, en orde de inscrición por data e hora, ao final da listaxe de reserva xerada por este.

A presentación da solicitude implica a aceptación das normas deste procedemento.

Publicación listaxes de solicitantes e presentación de reclamacións

O día 3 de xullo publicaranse na web do Concello a listaxe das persoas que solicitan praza no Campamento de Verán Rianxo 2020. Para estes efectos, a presentación da solicitude implica a autorización para a publicación dos datos persoais do solicitante.

As reclamacións a esta listaxe poderán presentaranse os días 3 e 6 de xullo no Rexistro do Concello de Rianxo, preferentemente de forma telemática.

Adxudicación de prazas

A adxudicación pode ser:

  1. Por adxudicación directa, se ao remate do prazo de inscrición (2 xullo) a demanda non supera o número de prazas dispoñibles:

  • Primeiro adxudícanse as prazas aos solicitantes no prazo.

  • No caso de non cubrirse, as prazas restantes, ata completar as 160 dispoñibles, cubriranse coas solicitudes feitas a partir do 3 de xullo, por orde de inscrición en data e hora.

  • Unha vez cubertas as prazas totais pasarán a formar parte dunha listaxe de reserva.

  1. Por sorteo, empregando medios informáticos, no suposto de que o número de solicitudes supere o número de prazas dispoñibles. Este sorteo xerará tamén unha listaxe de espera.

  • Primeiro sortearanse as prazas para aquelas familias empadroadas no Concello de Rianxo, nas que os pais/nais/titores/as traballen, para a localización solicitada.

  • As prazas sobrantes ofreceránselle a aquelas familias empadroadas no Concello de Rianxo que os pais/nais/titores/as traballen e non obtivesen praza na localización de preferencia.

  • As seguintes prazas libres sortearanse entre todas aquelas familias empadroadas no Concello de Rianxo nas localizacións con prazas libres.

  • As prazas sobrantes ofreceránselle a aquelas familias empadroadas no Concello de Rianxo que non obtivesen praza na localización de preferencia.

  • Sortearanse as prazas sobrantes entre as familias solicitantes.

  • Xerarase unha listaxe de reserva.

As solicitudes dos irmáns poderán vincularse para participar no sorteo de xeito conxunto, cun único número. De non facelo, cada irmán participaría co seu propio número.

O día 7 de xullo publicaranse na web do Concello de Rianxo as listaxes das persoas admitidas e as de agarda.

A praza é intransferible.

Adxudicación de prazas ás listaxes de reserva

As vacantes que se produzan por non presentar a documentación, por presentala fóra do prazo establecido ou por renunciar á praza obtida no sorteo, seranlles ofertadas, seguindo a orde da listaxe de reserva, ás persoas suplentes, do mesmo grupo de idade que a praza vacante, mediante unha chamada telefónica. Para os efectos de determinar o grupo, utilizaranse os publicados o día 10 de xullo.

Chamarase á persoa interesada un mínimo de tres veces durante o prazo que vai desde o día que se produce a vacante ata as 14:00 h do día seguinte. De non contactar coa persoa interesada, esta pasará ao final da listaxe e chamarase á seguinte.

Unha vez recibida a comunicación e aceptada a praza, deberán presentar a documentación no prazo de 48 horas. No caso de non presentar a documentación nese prazo, a praza ofreceráselle á seguinte persoa da listaxe de espera.

A xestión da listaxe de reserva farase exclusivamente desde a Oficina de Xuventude.

Documentación que deben presentar as persoas participantes seleccionadas

As persoas participantes seleccionadas deberán presentar a seguinte documentación entre os días 8 ao 10 de xullo, ambos incluídos. De non facelo, perderase automaticamente a praza e procederase a cubrila coa reserva correspondente.

  • O xustificante do pagamento

  • Declaración responsable de aceptación de condicións de participación, obrigación de información e consentimento informado

  • Autorización do uso de imaxes

  • Xustificante médico, se for necesario.

  • Autorización de saída do menor pola súa conta, se for necesario.

  • Autorización de recollida do menor ás persoas autorizadas, se for necesario.

A documentación remitirase preferentemente ao seguinte correo electrónico: campamento@concelloderianxo.gal

Tamén poderá presentarse na Oficina de Xuventude.

Devolución da cota

Se unha vez obtida a praza e aboado o prezo correspondente, a persoa interesada non puidera asistir á actividade ou quixera darse de baixa no transcurso da primeira semana (do 13 ao 17 de xullo), só terá dereito á devolución da cota no caso de que comunique, mediante rexistro, a renuncia á praza por escrito e solicite a devolución da cantidade aboada antes das 14:00 h do día 17 de xullo. O reintegro da cota terá uns gastos de xestión, polo que a devolución será do 75% do importe aboado.

Todas aquelas solicitudes de devolución de cota que non sexan presentadas, tal e como se reflicte no apartado anterior, serán denegadas independentemente da causa xustificativa que se alegue na respectiva solicitude.

 

Queixas e suxestións

As persoas adxudicatarias poderán presentar por escrito todas as suxestións ou reclamacións que consideren oportunas durante o desenvolvemento do Campamento de Verán Rianxo 2020 ou no momento do seu remate.

Igualmente, poderán deixar constancia do grao de satisfacción obtido coa actividade desenvolvida e todos os comentarios ou suxestións que queiran facer ao respecto, para o que deberán cubrir o formulario de enquisa que se lles facilitará ao rematar ao campamento.

 

Protección de datos

Os datos persoais pasarán a formar parte dun ficheiro electrónico propiedade do Concello de Rianxo coa única finalidade de proceder á inscrición na actividade para a que se proporcionan os datos. En ningún caso estes datos serán cedidos a terceiros nin utilizados con outra finalidade. Garántense os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición mediante comunicación por calquera medio legal, no Rexistro Xeral do Concello de Rianxo: Praza de Castelao 1, 15920 Rianxo.

 

Medidas Prevención da COVID-19

Todas as actuacións vinculadas co procedemento do Campamento De Verán Rianxo 2020 estarán condicionadas á evolución da COVID-19.

  • Antes do comezo da actividade, as familias serán informadas de todas as medidas de hixiene e prevención que se van establecer para o bo desenvolvemento do campamento e terán que asinar unha declaración responsable de aceptación de condicións de participación, obrigación de información e consentimento informado.

  • Deberán responsabilizarse da súa situación particular fronte á COVID-19, de tal forma que se alguén presenta sintomatoloxía asociada coa COVID-19 non acudirá e contactará co persoal monitor da súa actividade.

Medidas recollidas nas “Recomendacións e medidas para o desenvolvemento das actividades de educación non formal, ocio educativo e tempo libre adaptadas á situación da COVID-19” da Xunta de Galicia.

  • Medidas persoais de hixiene e prevención obrigatorias

    • Manter a distancia de seguridade de 1,5 metros, e de non ser posible, obrigatorio o uso de máscara (cada participante ten que traer a súa)

    • Hixiene de mans frecuente con auga e xabón ou solucións hidroalcólicas: ao chegar, en cada cambio de actividade, despois de ir ao lavabo, antes de marchar

    • Ao tusir ou esbirrar, cubrir a boca e o nariz co cóbado flexionado

    • Usar panos dun só uso

    • Evitar tocar os ollos, nariz e boca

    • Evitar coller pertenzas alleas, así como o material do persoal monitor

    • Uso exclusivo do material e desinfección do material compartido

  • Medidas nas instalacións e espazos

    • Intensificación das tarefas de limpeza e desinfección dos espazos e materiais

    • Dispensadores de xel en espazos comúns

    • Sinalización visible sobre as medidas hixiénico sanitarias e de prevención

    • Ventilación constante dos espazos pechados

    • Portas abertas para evitar o contacto cos pomos

    • Papeleiras con tapa e apertura de pedal

  • Medidas organizativas

    • O persoal monitor velará pola seguridade da actividade mediante o adecuado cumprimento de todos os protocolos e normas de seguridade establecidos.

    • Establécense quendas de entrada e saída que se marcarán segundo os grupos e espazos. Esas quendas poderán variar o horario de entrada e saída en 30 minutos (entradas: 10:00 – 10:15 – 10:30 e saídas: 13:00 – 13:15 – 13:30).

    • Só sé permitira que entre unha persoa por participante, que debera estar previamente identificada (nome e teléfono de contacto).

    • Cada grupo contará cun espazo interior e exterior propio.

    • Evitarase a realización de actividades entre varios grupos.

    • As actividades estarán adaptadas para favorecer que se cumpran as medidas de prevención e hixiene e primaranse as actividades dun xeito máis individual ou con maior distanciamento, aínda que intentando non perder a dinámica de grupo.​​​​​​​