HORARIOS - Concello de Rianxo
INFORMACIÓN XERAL
Praza de Rafael Dieste 1, Rianxo
biblioteca@concelloderianxo.gal
Teléfonos 981 860 272 - 667 185 58
INVERNO:
Martes a venres de 11:00 a 13:00 e de 17:00 a 20:00 h
Sábados de 11:00 a14:00 h
VERÁN (15 xuño-15 setembro):
Luns a venres de 09:00 a 14:00 h

Biblioteca Municipal
Sábado 22 de outubro as 12:00. Petiscos musicais a cargo "Os Tres tenedores" OS TRES TENedORES son un grupo de animación musical infantil que une música, teatro e humor, dirixido a un público infantil e familiar Especialistas na mellor cociña musical para comensais de bo dente, que se convertirán nos nosos protagonistas principais.
O próximo sábado día 23 de Xullo a Biblioteca da Deputación da Coruña e a nosa Biblioteca van a asistir á Feira do libro de Rianxo para animar á lectura e difundir a plataforma de libros electrónicos #EbookDicoruna A Feira do Libro estará instalada na Praza Castelao e as actividades da Biblioteca da Deputación terán lugar na "Carpa de Actividades" que nos cede a Federación de Libreiros. -...
Despois do gran éxito e da cantidade de peticións que recibimos voltamos a facer unha actividade para nenos de 0 a 3 anos. Sábado 4 de xuño as 11:30h. Na Biblioteca Municipal de Rianxo. Contos do chupete a cargo de Migallas teatro para crianza de 0 a 3 anos. Desta vez hai que facer unha inscrición previa na propia Biblioteca por que que temos un máximo de 25 prazas para nen@s con 1...
Apertura da exposición "As revistas dos anos 20" que temos no Fondo Local de Rianxo. Presentación do volume 32 da Revista Murguía co monográfico sobre As Irmandades da Fala. Coa presenza do seu director Uxio-Breogán Dieguez. Interpretación musical da Aula Uned-Senior e o grupo musical Barahunda. Lugar: Biblioteca Municipal de Rianxo Data: 3 de xuño as 20:30h Organiza: Biblioteca Municipal...
Sábado 16 de abril as 12:00h. Na Biblioteca Municipal de Rianxo. Contos do chupete a cargo de Migallas teatro para crianza de 0 a 3 anos. Desta vez hai que facer unha inscrición previa na propia Biblioteca por que que temos un máximo de 25 prazas para nen@s con 1 acompañante. "Os contos do chupete" é unha sesión de contos para bebés de 0 a 3 anos na que se integrada música en directo...
O venres 11 de decembro as 19:00horas no auditorio de Rianxo. Faremos a presentación da guía de lectura "Tempo de acivros, tempo de libros". Na cal vos propoñemos una escolma de lecturas e música. Neste acto participan: C.E.I.P A.D.R. Castelao de Rianxo C.E.I.P. Ana Mª Diéguez de Asados C.E.P. Xosé Mª Brea Segade de Taragoña ...
VENRES 23 DE OUTUBRO 19.00 h - Biblioteca Pública "Castelao" CONTACONTOS FAMILIAR: Por que é salgada a auga do mar por Os Quinquilláns A Tripulanta Rías e o Tripulante Norai son dous investigadores mariños que teñen distintas hipóteses para dar explicación á orixe do sal na auga do mar. El cre as teorías científicas, pero ela fai...
O venres 12 de decembro as 19:00 no Auditorio de Rianxo. Faremos a presentación da guía de lectura "Tempo de acivros Tempo de libros". Na creación e na presentación coloran todos os centros escolares de Rianxo e a Biblioteca Municipal de Rianxo. C.E.I.P. A.D.R. Castelao de Rianxo C.E.I.P. Ana Mª Diéguez de Asados C.E.P. Brea Segade de Taragoña I.E.S Félix Muriel de Rianxo C.R.A....
Venres 30 de maio as 19:00h. Na biblioteca Municipal de Rianxo. "O Misterio do Pirata Benito Soto", Un caso moi difícil de resolver para Investigadora Pe, e o seu inseparable can Magnum na que o colectivo Polo Correo do Vento mesturará a narración oral coa ilustración e que rematará cun obradoiro de debuxo de temática pirata.
ESTA VEZ SIIII..... AINDA QUE CAIAN CHUZOS DE PUNTA O venres 21 de marzo a partir das 17:00 horas na Biblioteca Municipal de Rianxo. Teremos unha tarde chea de actividades en colaboración co Clube de lectura infantil da Anpa Cra Rianxo Irmáns Ínsua do CRA de Rianxo. Temos moitas ganas de que sea unha gran tarde. Estades tod@s invidad@s.
Actividades de Animación a lectura na Biblioteca Municipal de Rianxo. Hoxe martes 23 de abril para celebrar o "Día do libro" comezamos o programa de actividades "Mergúllate na lectura" que se vai prolongar durante tres días mais. Martes 23, xoves 26, martes 30 de Abril e xoves 2 de Maio de 17:30 a 19:00
O próximo sábado 16 de xuño, na Biblioteca Pública Municipal Castelao, ás 12.00 h; terá lugar a representación teatral O RATIÑO PRESUMIDO, a cargo da Compañía do Trinketrinke. A obra faise unha version propia do conto popular, dramatizado coa colaboración do público. Os conductores das actividades para nenos e nenas de 3 a 8 anos son uns personaxes fantásticos: os Ratos da Biblioteca, que...
No marco do Programa Letras Vivas da Rede de Bibliotecas de Galicia van desenvolverse na Biblioteca Pública Municipal dúas propostas diferentes: Recital didáctico. Todas as nosas letras. Elvira Riveiro Tobío, o venres 18 de maio, 20.30 h, dirixido ao público adulto. Elvira Riveiro realizará un percorrido lírico de 1963 a 2012, conmemorando os 50 anos do Día das Letras Galegas a través de...