Biblioteca Municipal

- Obradoiro de escrita "Song of myself / Canto de min mesmo" - Concello de Rianxo

BIBLIOTECA MUNICIPAL

INFORMACIÓN XERAL

Praza de Rafael Dieste 1, Rianxo

biblioteca@concelloderianxo.gal

Teléfonos  981 860 272  -  667 185 58

INVERNO:
​​​​​​​Martes a venres de 11:00 a 13:00 e de 17:00 a 20:00 h
Sábados de 11:00 a14:00 h

VERÁN (15 xuño-15 setembro):
​​​​​​​Luns a venres de 09:00 a 14:00 h

 

Biblioteca Municipal

Obradoiro de escrita "Song of myself / Canto de min mesmo"

"Song of myself / Canto de min mesmo" é un obradoiro de escrita conducido polo poeta irlandés Keith Payne, como parte das actividades realizadas dentro do programa da Residencia de Escritoras/es, organizado por Axóxere Editora e o Concello de Rianxo. O escritor, gran impulsor da oralidade no feito poético, inspirado pola antiga liñaxe irlandesa dos *seanchaí* (cantores errantes que percorrían o país a pé), guiaranos a través do obradoiro na procura da nosa propia voz poética, desde a singularidade da tradición, lingua e maneira de vivir de cadaquén.

O obradoiro realizarase en catro sesións: venres 8, de 17 a 19.00 h; sábado 9, de 11 a 14.00 h e de 17 a 20.00 h; e domingo 10, de 11 a 14.00 h. As tres primeiras na Biblioteca Municipal de Rianxo, e a derradeira no xardín da casa de Axóuxere Editora na aldea de Brión (Leiro), rematando cun xantar en común.

O obradoiro é de balde, pero é necesaria inscrición previa (ata cubrir prazas) enviando un correo a info@axouxerestream.com co asunto "inscrición ao obradoiro de Keith Payne", ou chamando aos teléfonos 634532896 / 659843761 /981860371. Podedes ver e descargar toda a información ao respecto do obradoiro e do aloxamento en Rianxo na ligazón a seguir:

http://axouxerestream.com/obradoiro-de-escrita-e-conversa-…/