Bandos Informativos

- Unidade móbil de renovación do DNI - Concello de Rianxo

Bandos Informativos

Unidade móbil de renovación do DNI

O vindeiro día 18 de febreiro, xoves, desprazarase a Rianxo o equipo móbil do DNI, para a expedición do documento.

A expedición do D.N.I. consta de tres fases (a segunda é a impresión física na comisaría):

  1. O xoves 18 recibirase o cidadán e a documentación no auditorio, de 9.15 a 12.00 horas.
  2. O xoves 25 entregaranse os documentos e clave persoal ós interesados no auditorio, de 9.30 a 11.00 horas.

É absolutamente necesario que o cidadán compareza nas dúas fases, do contrario non se lle poderá entregar o documento.

Prégaselle ós veciños que acudan co importe exacto das taxas, que neste ano son de 10,60 €.

Todas aquelas persoas que queiran anotarse poden facelo antes desa data, chamando ós números de teléfono 981.860075/76 ou dirixíndose ó servizo de información Concello.

Tendo en conta que este servizo está pensado para persoas maiores, con dificultades de mobilidade, que carezan de medios de transporte..., e que so atenderá a 30 persoas cada dous meses, pídese a colaboración da veciñanza para que se anoten so as persoas con dificultades para desprazarse a Ribeira, Vilagarcía ou Santiago.

Máis información e inscricións:

  • Servizo de información do Concello, 981860075 - 981860076
  • Policía Local, 981860625