Bandos Informativos

- Bando informativo sobre a participación na Rede Xiana 2 - Concello de Rianxo

Bandos Informativos

Bando informativo sobre a participación na Rede Xiana 2

O concello de Rianxo participa no proxecto RedeXiana2 xunto con outros 90 concellos da provincia da Coruña.

O proxecto é promovido pola Deputación da Coruña e está cofinanciado polo Fondo Social Europeo. O seu obxectivo consiste en diminuír os niveis de desemprego da provincia a través da mellora profesional das persoas desempregadas e o apoio ao autoemprego.

As áreas formativas ás que poderán optar serán as correspondentes a:

  • Obradoiros de empregabilidade
  • Habilidades sociais e comunicativas
  • Alfabetización informática: Internet
  • Responsabilidade social
  • Procura de emprego e novas tecnoloxías
  • Apoio á preparación para as probas de competencias clave
  • Igualdade
  • Novas tecnoloxías da información e comunicación
  • Sensibilización ambiental
  • Medio ambiente na agricultura
  • Prevención de riscos laborais
  • Manipulación de alimentos
  • Condución económica e eficiente
  • Conselleiro de seguridade
  • Xerente de empresas de economía social
  • Creación e xestión de empresas: autoemprego

Estas accións desenvolveranse nos concellos de A Pobra, Rianxo, Ribeira, Boiro, Porto do Son, Dodro, Padrón e Rois.

As persoas interesadas en recibir máis información poderán dirixirse á área de EMPREGO do concello de Rianxo.