Anuncios

Trátase dunha medida de apoio ao sector hostaleiro para axudar a paliar a crise da COVID-19 - O Pleno da Corporación aproba por unanimidade a exención da taxa de terrazas durante os anos 2020 e 2021 - concelloderianxo

Anuncios

O Pleno da Corporación aproba por unanimidade a exención da taxa de terrazas durante os anos 2020 e 2021

Trátase dunha medida de apoio ao sector hostaleiro para axudar a paliar a crise da COVID-19

Os 5 grupos que compoñen o Pleno da Corporación (BNG, Cidadáns, PP, PSOE e Rianxo en Común) votaron de forma unánime unha modificación da Ordenanza fiscal número 17, reguladora da taxa pola ocupación de terreos de uso público municipal con mesas, cadeiras, tribunas, taboados e outros elementos análogos con finalidade lucrativa ("a taxa por terrazas") de forma que se engade unha disposición transitoria que suspende temporalmente a vixencia da ordenanza fiscal ata o 31 de decembro de 2020, con efectos retroactivos ao 1 de xaneiro de 2020.

Esta iniciativa ten por finalidade axudar a paliar os efectos económicos adversos producidos pola incidencia da COVID-19 nas restricións que se impoñen ao sector da hostalaría, que obriga a enfocar o negocio cara á explotación dos espazos exteriores e terrazas, e tendo en conta as circunstancias excepcionais.