Anuncios

- Adhesión do Concello de Rianxo ao programa PEL Reactiva - concelloderianxo

Anuncios

Adhesión do Concello de Rianxo ao programa PEL Reactiva

O Concello de Rianxo vén de adherirse o programa PEL Reactiva, impulsado pola Deputación Provincial da Coruña. Contará cun orzamento de 161.791 €, dividido do seguinte xeito:

Deputación da Coruña: 129.433,49 €
​​​​​​​Concello de Rianxo: 32.358,37 €
​​​​​​​Total: 161.791,86 €

As persoas destinatarias finais das axudas son as traballadoras autónomas con ou sen traballadores/as ao seu cargo e microempresas, calquera que sexa a súa forma xurídica, que se atopen nalgún dos supostos indicados a continuación:

Grupo I: Que se viran afectadas polo peche en virtude do disposto no RD 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada pola COVID-19, e a súa modificación aprobada no RD 465/2020, do 17 de marzo.

Grupo II: Que non se viran afectadas polo peche, pero cuxa facturación no segundo trimestre fiscal de 2020 se vira reducida, polo menos, nun 75% en relación coa media efectuada no semestre natural anterior á declaración do estado de alarma. Cando a persoa física ou xurídica non leve de alta os seis meses naturais esixidos para a acreditar a redución os ingresos, a valoración levarase a cabo tendo en conta o período de actividade.

Grupo III: Que se viran na obriga de acollerse a un ERTE (Expediente de Regulación Temporal de Emprego), nos termos establecidos no RD 465/2020, do 17 de marzo.

As contías serán fixas, e poden ir desde os 1.500 ata os 3.000 €.

Gastos subvencionables

Terán a consideración de gastos subvencionables dentro desta liña os gastos seguintes que foran realizados entre marzo de 2020 (incluído) ata o 31 de decembro de 2020:

Compra de material

Material antiséptico ou desinfectante, produtos hixiénicos e de limpeza.
Arrendamentos e canons

Arrendamentos de maquinaria, vehículos, locais ou instalacións. Gasto directo:

  • O arrendamento do local de negocio ou instalacións, sempre e cando non sexa parte da vivenda da persoa solicitante ou espazo compartido con outra empresa e non exista relación de parentesco ata 2º grao de consanguinidade ou afinidade co/a arrendador/a do local, nin sexa socio/a ou partícipe da persoa física ou xurídica que actúe como arrendador/a. Asemade exclúense os espazos de coworking.
  • O alugamento de maquinaria, máquinas, vehículos, etc.

Reparación e conservación

Adaptación de locais ás medidas de protección fronte ao COVID-19 (pantallas de protección, etc). Gasto directo.

Primas seguros

Seguros de responsabilidade civil, seguros de accidentes. Gasto directo.

Subministracións

​​​​​​​Auga, gas, combustibles, electricidade. Gasto directo.

O IVE non se considerará en ningún caso gasto subvencionable.

Estas axudas serán compatibles con calquera outra concedida por entidades públicas ou privadas, sempre que o importe total das axudas percibidas polo mesmo concepto non supere o custo total dos gastos subvencionables polas presentes axudas, e ata un máximo de 40.000 €.

Para a presentación de solicitude por medios electrónicos, é necesario dispoñer dos certificados electrónicos recoñecidos ou cualificados de sinatura electrónica.

Nas vindeiras semanas publicarase a documentación definitiva necesaria para proceder á presentación e os prazos correspondentes.