Crearte 2014
Blogs (Crearte 2014)
Como colofón do campamento todos os participantes no campamento prepararon un festival para os compañeiros, pais, nais, avos, avoas,... Todo o prepararon eles: o conto, as actuacións, a canción,...
O festival tratábase dun conto, no que un grupo de científicos rianxeiros crearon unha máquina do tempo, coa que lograron trasladar a nosa época a Rafael Dieste, Manuel Antonio e Castelao, cada un dun xeito moi particular. Cando se xuntaron os tres, sacaron a relucir un libro inédito no que recolleran moitas técnicas e obras de arte, feito que deixou coa boca aberta aos científicos que descoñecían a existencia dese libro. Pero mentras estaban festexando este reencontro, apareceu a maldade e levoulles o libro.
Os tres escritores virón convinte que xa que estaban os tres xuntos, podían volver a escribilo, e para eso os científicos os deixaron sos e tranquilos. Empezaron a recordar todo o que sabían de arte, e voltarónno a recoller nun manuscrito. Para elo, tiveron que votar man dos nenos do campamento, que coas súas representacións ían lle mostrando moitas cousas da arte.
Velaí van unhas fotiños, algunhas delas non se ven moi ben, porque entre focos e flashes non nos foi posible sacalas mellor, pero esperamos vos sirvan para facervos unha idea a todos os que non puidechedes asistir.
O campamento chegou nesta edición ao seu fin. Grazas a todos os participantes, monitores e familias. Esperamos que o disfrutarades.
Ata o próximo verán!!!!
Que mellor maneira de festexar unha despedida que unha boa festa! Por iso preparamos colchonetas, xogos, auga, e o centro da festa, a espuma!
Maña xoves imosvos presentar todos os nosos traballos e creacións no Auditorio de Rianxo, a partires das 12:30. Estades todos convidados!
Xa se vai acabando o campamento, e o luns e o martes foron os últimos días que os nenos e nenas tiveron actividade deportiva no pavillón. Como despedida, puideron prácticar as súas actividades favoritas das que fixeron ao longo destas seis semanas. Baloncesto, tenis, futbol, baile, xincanas,.... Un pouco do todo nestes últimos días:
Un dos traballos que máis nos gustou facer e no que participamos todos os nenos e nenas do campamento foi a construcción dunha maqueta da vila de Rianxo. Para elo pintamos un plano grande da vila, e despois fomos facendo en plastilina, con caixas, pintura, etc,... as casas, edificios, monumentos, esculturas, barcos, coches, xente, e ata o orquesta para completar esa maqueta.
O xoves poderedes vela rematada no Auditorio de Rianxo, pero hoxe mostrámosvos o noso traballo e algún detalle desa maqueta:
Estimada familia:
Esta semana o campamento Crearte chega ao seu punto final, e por isto temos preparadas diversas actividades dirixidas tanto aos nenos e nenas participantes como as súas familias:
- mércores 13: festa de despedida do Campamento Crearte. Será no horario habitual no Colexio Castelao. Pregamos que traian bañador, muda e gafas de buceo.
- xoves 14: festival Fin de Campamento, no Auditorio de Rianxo. Será no horario habitual, e pedímosvos que deixedes e recollades aos nenos e nenas no Auditorio.
O festival Fin de Campamento estará aberto ás familias e comezará as 12:30.
MOITAS GRAZAS POLA SÚA COLABORACIÓN
Esta semana a choiva estropeounos a saída, pero non puido facer nada co ánimo dos nosos nenos e nenas. O campamento voltou a estar pragado de actividades, dende maquillaxe, bisutería, música, globos, xogos,... e tamén ensaios e traballos para ir avanzando nas sorpresas da vindeira semana, as cales non vos imos mostrar por agora. Pero de todo o demais, velaí van unhas fotos:
Esta semana o campamento converteuse nun fervedoiro de actividades. Algunhas imos mostralas a continuación, pero outras queremos que sexan unha sorpresa para o festival que estamos preparando para a vindeira semana. Que nervios!!
Estes dous días estivemos pintando camisetas:
Estivemos rematando tarefas nas que íamos máis atrasados, como o montaxe das casas e edificios:
Tamén empezamos outras novas, como as figuras de escaiola, velaí un adianto:
E ata fixemos un instrumento musical, e con material de refugallo: un pau de choiva
E xogamos, encantados quedamos co xogo do segredo:
E para os máis pequenos, unha pequena sorpresa: Títeres!
Estes dous días fixemos un montón de creacións no campamento, dende camisetas, que lles encantan, a pulseiras, trenzas para o pelo...
Os máis pequenos fixeron as casas dos Tres Porquiños, e tamén estamos traballando noutras creacións que vos mostraremos pouco a pouco.
Moi especial é tamén esta creación, a da nosa mascota, a Cenoira Manola!!
E despois de tanto traballar, tamén houbo tempo para a merenda e o patio:
Hoxe foi un venres moi festeiro. Os grupos dos pequerrechos tiveron unha festa no Campo de Arriba, con xogos, maquillaxe, globoflexia,... que ben o pasaron!!
Os medianos fixeron unha ruta animada polas rúas de Rianxo. Aínda que xa coñecen a vila sempre lle podemos ensinar algo máis:
Os maiores estiveron facendo un xogo de pistas, nos que eran superheroes e tiña que descubrir un misterio:
As gañadoras:
Hoxe tivemos unha maña de moito traballo para os máis pequenos, e algo máis relaxado para os maiores. Os pequenos estiveron facendo as casas de "Os tres porquiños", que bonitas lles quedaron!!
Aínda que tamén tiveron tempo a xogar.
O resto acabaron rápido os seus traballos e foron para o patio a xogar, onde estiveron enredando con pompas de xabón, como lles gusta!!
Despois do recreo estiveron vendo unha película, que entre a calor e os cansos que estaban prestoulles moito!
Tamén tiveron que ir ao poli, onde se estiveron practicando coa raqueta
E como xa están preparando as súas actuacións para o festival de fin de curso, aproveitan calquera ocasión para ensaiar:
Esta semana estamos traballando a escultura, e facendo algunha obra escultórica para adornar as nosas casas. Algunhas son fáciles de facer, como as que facemos con plastilina coa técnica do modelado, pero tamén quixemos imitar unha obra famosa, neste caso "Mujer y Pájaro" de Miró, e para elo usamos tuvos de cartón de refugallo, os cales decoramos e montamos a imitación desta obra:
Tamén estivemos facendo pulseiras...
decorando camisetas...
e preparando a nosa mascota.
velaí unha mostra dos traballos
e como esta é a semana da escultura, tamén xogamos a convertirnos en estatuasPor suposto fomos ao pavillón, onde os máis pequenos estiveronse prácticando coa raqueta
e se hai algo que non falta ningún día no campamento, é o futbol:
Este martes tiñamos unha pequena sorpresa preparada para os grupos dos máis pequenos: o contacontos de "Os tres porquiños". Realizamolo no Campo de Arriba, así tamén aproveitamos para merendar e xogar un pouco no parque. Fixádevos que atentos estaban
Mentras, no campamento seguían traballando, desta vez uns grupos facendo animais con plastilina e outros pequenas construcións con plastilina e palillos:
E tamén estiveron xogando, desta vez aos bolos, competicións con aros, parchis, puzzles, comebolas,...
Hoxe queremos mostrarvos algunhas das cousas que fan os nenos e nenas cando están no descanso. A primeira é merendar, que sempre lle vai ben repor enerxía:
E despois xogan:
Tamén karaoke:
Como esta semana empezamos coa escultura, preparamos un pequeno montaxe mostrandolles diversas técnicas e presentándolles varios escultores, tanto a nivel nacional como local, que atentos estaban:
Este xoves foi un día moi entretido no campamento. Os grupos do 1 ao 6 estiveron vendo unha película de debuxos animados, que atentos estaban todos!
Os grupos 7, 8 e 9 foron ao pavillón, onde tiveron que facer un circuíto botando todo o tempo co balón, non pensedes que é tan fácil!
Mentras, os grupo 10, 11 e 12 estiveron pintado as camisetas, actividade que lles encantou e que están desexando repetir.
E para acabar a maña, os grupos do 7 ao 12, foron participar nos Roteiros teatralizados pola vila de Rianxo, que desenvolveu o grupo Quinquilláns Teatro de Rúa, e que formaba parte da II Feira do Libro de Rianxo. Que ben o pasamos e canto aprendemos!!

Estimada familia:
Co motivo das actividades que imos realizar a vindeira semana pedimosvos que o luns 28 de xullo os nenos e nenas traigan un canutillo de carton (de papel hixiénico ou de cociña)
MOITAS GRAZAS POLA SÚA COLABORACIÓN.
Aínda que se nos puxo o tempo algo raro, hoxe pola maña decidimos trasladar os grupos do 7 a 12 ata a praia, e facer dela o noso campo de xogo. Fomos ata a praia de Quenxo, onde merendamos e estivemos xogando. Fixemos o xogo dos Animais, Gardabosques e Furtivos, e aínda que nos levou un tempo organizalo, ao final foi moi divertido.
Unhas fotiños...
Esta semana comezamos coa arquitectura, e ademais de aprender cousiñas interesantes sobre obras e arquitectos importantes, tamén imos facer as nosas propias obras arquitectónicas. Velaí vai unha mostra do traballo dos grupos 1, 2 e 3..
Pero non todo vai ser traballar, tamén hai tempo para bailes, cancións, xogos, pintar,...
Recordade que como este venres é festivo non imos ter campamento, pero si tedes un montón de actividades en Rianxo para disfrutar deste longo fin de semana, como a Feira do Libro de Rianxo.
Programa da Feira do Libro de Rianxo
Este venres fixemos a festa da música, na que todos os nenos e nenas que participan no campamento prepararon algunha actuación para mostrarlle aos seus compañeiros e compañeiras. Toda boa actuación ten detras moito traballo e moitos ensaios, e os nosos cativos ensaiaron duramente toda a semana.
Estaban todos expectantes para que comezase a festa:
Para ir quentando motores na festa, estivemos aprendendo diversos tipos de aplausos:
E chegou a hora das actuacións:
E para rematar non puideron evitar facer o tren musical.
Esta foi unha semana de moito traballo, estivemos facendo manualidades diversas, dende esculturas de plastilina, ata debuxos tipo "Andy Warhol", uns pintados, outros con papel celofán,...
Como todos os días, tamén fomos ao pavillón polideportivo:
E xogamos no patio:
Lemos contos:
E ata tivemos cine:
Pero no que máis traballamos foi nos ensaios para as actuacións do venres, pero iso xa volo imos ensinar o venres!!!
Hoxe estivemos facendo unha morea de cousas, e do máis diversas. Os máis pequenos tiveron sesión de contacontos e xogos con auga, que tiveron tanto éxito o venres que decidimos repetir para que o disfrutaran con máis calma.
Outros estiveron rematando actividades de pintura que lles quedaran pendentes de dar o toque final, houbo xogos, momentos de charlas e tamén actividade deportiva no pavillón. Van unhas fotiños:
Todo campamento que se precie ten que ter unha mascota, polo que os grupos dos máis maiores, e dun xeito democrático, decidiron que a nosa mascota vai ser a "Cenoria Manola". Para presentarlla ao resto dos grupos, estiveron facendo diversos murais coa "Cenoria Manola", a ver cal vos gusta máis:
Tamén estivermos debuxando coa técnica do puntillismo:
E os máis pequechos, cando viñeron do pavillón, tiveron que repoñer forzas cunha boa merenda:
Este venres preparamos para os nosos cativos unha festa pasada por auga. Os grupos do 1 ao 6 quedaron no patio do colexio, onde lles tiñamos preparados xogos con globos de auga, pistolas, pompas de xabón, inchable,...
Os grupos dos máis maiores foron ata a praia do Pazo, e aínda que non se estiveron bañando, si que quedaron pasados por auga cos xogos de auga que lles tiñamos preparados: xogos de relevos, pistolas,....
Van unhas fotos:
Estimada familia:
Co motivo das actividades que imos realizar o vindeiro venres 11 de xullo queremos indicarlle dúas recomendacións para o bo funcionamento das mesmas:
-
Por protección solar aos nenos/as antes de saír da casa.
-
Traer posta a roupa de baño, unha toalla pequena, e tamén unha muda por si se mollan durante os “xogos de auga” que imos realizar.
MOITAS GRAZAS POLA SÚA COLABORACIÓN.
A temática deste mércores foron os pintores, e se hai algo que os bos pintores manexan é a mezcla de cores, polo que os cativos prepararon a súa propia paleta e estiveron realizando mezclas, vendo como de tres se podían facer múltiples cores.
Os máis grandes estiveron aprendendo algunhas tećnicas de pintura, desta vez o carboncillo, e aproveitamos para acercarlles a figura de Salvador Dalí:
E mentras tanto, no pavillón:
Continuamos este martes facendo arte coa pintura, e desta vez tocou facer debuxos máxicos con ceras manley. Trátase de facer un esgrafiado, esto ben sendo, pintar un debuxo de moitas cores, tapalo despois con cera negra manley, e por último facer un novo debuxo cun lápiz arrastrando a cera negra. Para que o vexades mellor, unhas fotiños:
Alguns traballos xa rematados:
Hoxe comezamos as actividades no pavillón polideportivo, e moitos dos nenos e nenas estreabanse nel. O primeiro que tiveron que facer foi cambiar os tenis e recoller todo nas súas mochilas, e así o fixeron rápido e ben. Despois coñeceron aos monitores cos que van realizar as actividades no pavillón, fixeron unha ronda de presentacións, despois xogos variados e do máis divertido, para acabar facendo un exercicio de relaxación:
No campamento tamén temos momentos de distensión, no que os nenos e nenas xogan, cantan ou simplemente charlan cos seus amigos:
Informámosvos dos días e horarios nos que se van desenvolver as actividades deportivas do Campamento Crearte 2014.
Lembrade que eses días teñen que levar roupa deportiva e tenis para cambiar.
Luns e mércores
- Grupo 1
- Grupo 2
- Grupo 3
Luns e mércores
- Grupo 4
- Grupo 5
- Grupo 6
Martes e xoves
- Grupo 7
- Grupo 8
- Grupo 9
Martes e xoves
- Grupo 10
- Grupo 11
- Grupo 12
Xa estamos a venres, e os nenos e nenas seguían tendo moitisimas ganas de traballar e xogar. Para deixar a nosa marca no colexio fixemos uns murais nos que deixamos pintadas as nosas palmas da man, ademais de outros murais nos que explicamos como fixemos as pinturas, posto que como xa vos contamos onte, estivemos usando pinturas naturais.
Os máis pequenos tiveron unha maña do máis ocupada, primeiro viron un entretido documental, despois estiveron xogando e pintando os murais para acabaren cunha sesión de contacontos.
Os medianos tamén fixeron os murais con pintura natural, pero tamén puideron xogar na cabaña que fixeran os seus compañeiros, ademais de xogar ó pilla e o zapatiño inglés, xogos que lle encantan.
Os máis maiores disfrazaronse de prehistóricos e fixeron competicións como a diana con lanzamento de paus. Tiveron que recoller os paus e facer as dianas con cartón, que apañada é esta rapazada!!!
Boa fin de semana!!!
Hoxa comezamos a traballar coa pintura, e para isto retomámonos a prehistoria e a pintura rupestre. Naqueles tempos tiñan que aproveitar o que había na natureza para facer as súas pinturas, e nos hoxe quixemos imitalos, por eso estivemos facendo pintura con elementos naturais como cenoiras, espinacas, café, ...
Van unhas fotiños
Tamén vimos un pequeno documental sobre as pinturas ruprestes.
E xogamos ao brilé, a bomba, ao pato choco, a chena,...
E como era pinturas rupestres, converteronse en verdadeiros seres prehistóricos
Esperemos que non fagan pinturas rupestres nas nosas casas!!!! Ata mañá
Hoxe foi o primeiro día de campamento. Para a maioría dos nenos e nenas foi un reencontro con compañeiros e monitores doutros anos, pero tamén hai moitas caras novas, moitos que nunca estiveran no noso campamento, que non coñecían a outros nenos, non coñecían as instalacións nin aos monitores. Por eso, o primeiro que fixemos foron as presentacións, nas que íamos contando como nos chamábamos, de onde eramos e as cousas que máis nos gustaban. Despois estivemos facendo xogos de presentación, cantando cancións, pintando,.. Velaí van unhas fotos.
Nos grupos dos máis pequenos case todo son caras novas, que atentos estaban a Alba, Carla e Cristina sobre a canción que ían cantar!
No grupo de Pablo non quixeron perder a oportunidade de saúdar a cámara.
No grupo de Cibrán non pararon de falar sobre as cousas que lles gustaba!
No grupo de Helena estabanse chivando os nomes por detrás para non perder ao xogo!
Que tranquilos o grupo de Cecilia! Pouco durou!
No de María xa son vellos coñecidos!!!
Que atentas todas ao que explica Adrián!
No grupo de Diana xa se coñecían todos, menos a monitora.
Aínda que no grupo de Alex xa se coñecían todos, no turno de presentación falaron, falaron, falaron...
Non perderon detalle da explicación de Carlota!
Tamén tivemos tempo para a merenda, e como o tempo deu unha tregua, fixemola nos patios ao descuberto!
Maña continuamos!!
Rematada a reunión cos pais e nais, e para aqueles que non puidechedes asistir, resumimos os aspectos máis salientables en canto ao desenvolvemento do Campamento.
Como ben sabedes, o campamento comeza maña ás 10:30 no Colexio Castelao. A entrada será sempre pola porta do colexio da rúa de Arcos Moldes. O grupos 1, 2 e 3 encontraran as súas monitoras no patio de Infantil, mentras que o resto de grupos estaranos esperando no patio do outro pavillón. Podedes consultar os grupos nos seguintes listados. Calquera erro que haxa, ou se desexades facer un cambio de grupo, comunicadeo para poder resolvelo. A recollida tamén se producirá nos mesmos sitios.
Como recomendación do monitorado, e sobre todo para os grupos de nenos e nenas máis pequenos, pode que estes primeiros días non se sintan cómodos ou seguros, polo que podedes quedar un ratiño con eles, que se habitúen ao sitio, aos monitores e aos compañeiros con calma.
Esta semana (do 2 ao 4 de xullo) será unha semana de presentacións, polo que se realizará toda a actividade no Colexio. A vindeira semana comezamos coas actividades deportivas no Pavillón Polideportivo, polo que nestes días vos pasaremos unha nota informativa de cando lle corresponde ir a cada grupo. Recordade porlles roupa deportiva e tenis para cambiar os días que teñen actividades deportivas.
Ao longo do campamento, cando teñan que chegar tarde, entrarán polo colexio e dirixiranse ao seu grupo. No caso de que o grupo estea no pavillón, o monitor valorará se será proveitoso que baixe ou que se incorpore ao traballo noutro grupo. Poderá facer a incorporación ao pavillón si xusto chega no horario de cambio de grupo.
Para todos aqueles que acudan a outras actividades deportivas municipais, encargaremonos de achegalos e recollelos dentro dos horarios do campamento. Para isto debedes avisarnos no momento da inscrición.
Como ben sabedes, a Arte vai ser o fío conductor deste campamento, polo que imos a traballar diversas disciplinas artísticas: a pintura, a escultura, o cine, a música, a arquitectura, a fotografía, a literatura,... polo que so nos queda por o mono de traballo e empezar a CREAR....
Benvidos ao blog do Campamento Crearte 2014!!!
Hoxe comeza a andaina do Campamento Crearte 2014, e con el nace este blog, co que pretendemos que as familias esteades ao día de todo o que acontece no campamento, dos traballos e actividades nas que participan os nenos e nenas, dos xogos, cancións e contos cos que se divirten. Por iso, iremos actualizando o blog contándovos o que fan e mostrandoo con fotografías e vídeos. Trátase dunha ferramenta máis que nos permitirá abrir o campamento a vós, as familias, e que tamén sexades parte del.
Esperemos que o gocedes tanto como nós... Arrancamos!!!