Este ano volvemos repetir a experiencia da acampada, invitando aos nenos e nenas a participar dunha noite de acampada, na que ademais de cear, almorzar e durmir todos xuntos, realizaremos unha velada nocturna con xogos, cancións, contos,....
Data: Venres 09 de agosto
Lugar: Pazo de Rianxiño
Horario: De 18:30 a 11:00 h
Incorporación: Venres 09 de agosto, entre as 18:30 e 19:00
Saída: Sábado 10, entre as 10:00 e 11:00
Os nenos e nenas deberán traer: unha muda, pixama e zapatillas, cepillo e crema de dentes, toalla e saco de durmir (illante ou colchón si tivese).
1.- Os nenos e nenas deberán ser autónomos no seu aseo e vestimenta.
2.- A organización encargarase da cea e do almorzo. No caso de que teñan algunha intolerancia ou alerxia deberá notificalo na ficha de autorización.
3.- Si ten que tomar un tratamento médico deberá avisar coa conseguinte prescrición médica.
4.- Ningún participante poderá abandonar a actividade sen a presenza dun adulto autorizado (pai, nai, titor/a), e sempre despois de comunicarllo tanto a monitora como a coordinadora.
5.- Prégase non facer visitas de non ser necesario, co fin de non interferir no desenvolvemento das actividades.
6.- Aconsellase levar a roupa e pertenzas marcadas.
7.- Recoméndase non levar obxectos de valor, nin diñeiro, nin aparellos electrónicos.
8.- Non haberá servizo de transporte
Campamento Urbano e Deportivo 2019