Campamento Urbano e Deportivo 2016

- ARRANCAMOS....

Blogs (Campamento Urbano e Deportivo 2016)

ARRANCAMOS....

Benvidos ao blogue do Campamento 2016!!!

Comezamos a andaina do Campamento Urbano e Deportivo 2016 “O Circo”, e con el este blogue, co que pretendemos que as familias esteades ao día de todo o que acontece no campamento, das actividades nas que participan os nenos e nenas, dos xogos, cancións e contos cos que se divirten. Por iso, iremos actualizando o blogue contándovos o que fan e mostrando con fotografías e vídeos. Trátase dunha ferramenta máis que nos permitirá abrir o campamento a vós, as familias, e que tamén sexades parte del.

1º DÍA

O campamento comeza o luns 4 de xullo ás 10:30 no Ies Félix Muriel. Os monitores/as esperarán na entrada cun cartel co ano do grupo, e é alí onde debedes deixar aos nenos/as.

Podedes consultar os grupos nos seguintes listados. Calquera erro que haxa, comunicadeo para poder resolvelo.

Grupos Campamento

O propio luns, ás 10:30 os pais e nais teremos unha pequena reunión para resolver todas as dúbidas e cuestións que teñades.

A actividade deportiva do campamento non comezará ata o mércores 6 de xullo, xa que o luns e o martes serán días de presentacións, coñecer o espazo, aos monitores/as e sobre todo aos compañeiros e compañeiras.

É recomendable que leven auga e merenda, xa que se realizará un recreo.

O luns tamén vos daremos tanto no blog como nunha carta toda a información relativa a organización, horarios, entradas e saídas,....

Calquera dúbida que teñan podedes poñervos en contacto en campamento2016@concelloderianxo.gal ou no teléfono 664 181 401.

Campamento 2016 información