Antes de 1898, alguém recolleu en Rianxo un alalá. Sabemos isto porque existe unha anotación de Casto Sampedro e porque Xavier Groba exhumou esta anotación do arquivo do museo de Pontevedra, publicándoa na súa tese de doutoramento. Nunha das nosas aulas utilizamos a partitura achegada por Groba para que máis de cen anos despois volva a sonar en Rianxo.
No vídeo que penduramos no canal de youtube mostramos a nosa interpretación improvisada desta partitura, gravado no transcurso dunha aula.
Preme no logo para ver o vídeo.