Campamento Urbano e Deportivo 2019

Campamento Urbano e Deportivo 2019

Blog do Campamento Urbano e Deportivo 2019

E xa chegamos ao fin do Campamento, que rápido nos pasou!!! Agradecemos a todos os que colaborastes con nos para facelo posible: a todos os departamentos municipais, a Piscina Municipal de Rianxo, ao Ies Félix Muriel, a empresa Axouxere,  ás familias, e especialmente aos nenos e nenas que participastes: Grazas!!!!

Ata o ano que ven!

 

* si tedes algunha prenda perdida, podedes pasar polo Auditorio a ver si está aquí.

 

O pasado venres realizamos a que xa ven sendo tradicional acampada, na que xogamos, cantamos e pasamos unha fermosa xornada de convivencia.

Este ano tivemos ademais dúas actividades relacionadas coa ciencia: a observación astronómica e unha observacións por microscopios, para que os nenos e nenas virán dende o máis grande e afastado ata o máis pequeno e próximo, unhas fotos:

 

 

Este ano a Festa de Fin de Campamento celebrarase o mércores 14 de agosto, de 10:30 a 13:30, no Pazo de Rianxiño, con inchables, obradoiros, música,...

  • Os nenos e nenas estarán atendidos polo persoal monitor como calquera outro día de campamento.
  • O Plan Madruga e servizo de transporte desenvolveranse de xeito habitual.

Esta semana estivemos realizando obradoiros de cociña, e os nenos e nenas fixeron diversos postres non so ricos senón tamén moi bonitos, unhas fotos:

 


 

  • Grupos 2015 – 2014 – 2013:

    Debido ao mal tempo, actividades no Pazo de Rianxiño.

  • Grupos 2012 – 2011 – 2010/2007:

    “Para vir a xunta min”, actividade sobre a lingua e a lectura, en colaboración co Servizo de Normalización Lingüística. No Pazo de Rianxiño.

* Plan Madruga e servizo de transporte desenvolveranse de xeito habitual.

 

Ao longo destas semanas os nenos e nenas do campamento están traballando un montón, facendo moitos traballos manuais que realizan ansiosos para levar para a súa casa:

Pero tamén temos tempo a xogar, cantar, bailar....

 

 

Estas semanas estamos recibindo algunhas visitas, como a de onte, na que viñeron a vernos a alcalde Adolfo Muiños, a tenente alcalde Mari Carmen Figueira e a concelleira de Cultura e Mocidade Raquel García. Coa súa visita aproveitamos para sacar algunhas fotos de grupo:

Tamén tivemos a visita o pasado venres de Xandobela, que nos veu a contar contos e a facernos xogar, unhas fotiños:

 

 

  • Grupos 2015 – 2014 – 2013: “O sabio mestre”, actividade sobre a lingua e a lectura, en colaboración co Servizo de Normalización Lingüística. No Pazo de Rianxiño.
  • Grupos 2012 – 2011 – 2010/2007: Paseo e Praia do Pazo. Poden traer xoguetes de auga. Non se van a bañar, pero si mollarse, polo que poden traer bañador ou muda para cambiar. Saída do Pazo de Rianxiño.
Plan Madruga e servizo de transporte desenvolveranse de xeito habitual.

Este ano volvemos repetir a experiencia da acampada, invitando aos nenos e nenas a participar dunha noite de acampada, na que ademais de cear, almorzar e durmir todos xuntos, realizaremos unha velada nocturna con xogos, cancións, contos,....

​​​​​​​Data: Venres 09 de agosto

Lugar: Pazo de Rianxiño

Horario: De 18:30 a 11:00 h

Incorporación: Venres 09 de agosto, entre as 18:30 e 19:00

Saída: Sábado 10, entre as 10:00 e 11:00

  • 18:30 Recepción participantes
  • 19:00 Xogos
  • 21:00 Cea
  • 22:00 Velada Nocturna / Observación astronómica en colaboración con Todocosmos, do Observatorio da Universidade de Santiago de Compostela e da Fundación Española da Ciencia e Tecnoloxía.
  • 08:00 Erguerse e aseo persoal / Almorzo
  • 10:00 Fin de actividade

Os nenos e nenas deberán traer: unha muda, pixama e zapatillas, cepillo e crema de dentes, toalla e saco de durmir (illante ou colchón si tivese).

NORMAS DE PARTICIPACIÓN

1.- Os nenos e nenas deberán ser autónomos no seu aseo e vestimenta.

2.- A organización encargarase da cea e do almorzo. No caso de que teñan algunha intolerancia ou alerxia deberá notificalo na ficha de autorización.

3.- Si ten que tomar un tratamento médico deberá avisar coa conseguinte prescrición médica.

4.- Ningún participante poderá abandonar a actividade sen a presenza dun adulto autorizado (pai, nai, titor/a), e sempre despois de comunicarllo tanto a monitora como a coordinadora.

5.- Prégase non facer visitas de non ser necesario, co fin de non interferir no desenvolvemento das actividades.

6.- Aconsellase levar a roupa e pertenzas marcadas.

7.- Recoméndase non levar obxectos de valor, nin diñeiro, nin aparellos electrónicos.

8.- Non haberá servizo de transporte


     

O venres pasado fomos a Feira do Libro e vimos a actuación de Ghop, un espectáculo cheo de maxia, circo e teatro, e gustounos moito, incluso tivemos que axudarlles, unhas fotos:

 

 

— Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 10 de 18 resultados.