Campamento Urbano e Deportivo 2019

Campamento Urbano e Deportivo 2019

Blog do Campamento Urbano e Deportivo 2019

Seguimos facendo un montón de actividades no campamento, entre elas actividades deportivas, dende baloncesto, tenis, xogos tradicionais,... Unhas fotiños

O venres fomos ao Auditorio a ver o teatro infantil "4 monos", e pasámolo moi ben, estivemos moi atentos, pero tamén cantamos e bailamos:

 

O vindeiro venres 26 de xullo os nenos e nenas do campamento acudiremos a ver Ghop!, teatro de rúa, un espectáculo cheo de maxia, circo e teatro.

Haberá que deixar e recoller aos nenos e nenas no propio Auditorio, no mesmo horario do campamento, de 10:30 a 13:30 horas. Para facilitar as entradas e as saídas, os grupos de 2015, 2014 e 2013 entrarán e sairán pola porta principal do Auditorio, mentres os grupos de 2012, 2011 e 2010 a 2007 entrarán e sairán pola porta traseira.

O Plan Madruga realizarase no Auditorio, no horario habituais (a partir das 08:30 horas).

O servizo de transporte funcionara como sempre.

 

Teatro infantil “4 monos”,  no Auditorio de Rianxo, en colaboración co Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.

Este venres haberá que deixar e recoller aos nenos e nenas no propio Auditorio, no mesmo horario do campamento, de 10:30 a 13:30 horas.

O Plan Madruga realizaráse no Auditorio, no horario habituais (a partir das 08:30 horas).

O servizo de transporte funcionara como sempre.

 

Xa pasamos a segunda semana de campamento, e agora que xa nos coñecemos, estamos facendo un montón de actividades: manualidades, xogos, deportes, cancións,.... Mostrámosvos unhas fotos:

 

Para este venres 12 de xullo temos planificadas as seguintes actividades:

- Grupos 2015, 2014 e 2013: actividades de música no Pazo de Rianxiño, con baile, cancións, xogos musicais, debuxos,...

- Grupos 2012, 2011 e 2010 a 2007: saída a praia do Pazo, para realizar unha xornada de xogos na praia (non se van a bañar).

Valorarase, si o calor é excesivo, realizar a xornada de xogos no Pazo de Rianxiño e aprazar a saída á praia.

Recordamos que o vindeiro luns 15 de xullo non haberá campamento por festivo local.

Esta primeira semana de campamento foi moi intensa, sendo unha semana de presentacións, tanto das monitoras coa rapazada, como os nenos e nenas entre eles, como do espazo do Pazo de Rianxiño.

Estivemos xogando, coñecendo as distintas estancias do pazo e decorándoas a nosa maneira. Velaí unhas fotos:

 

 


   


  

Para este venres 12 de xullo temos planificadas as seguintes actividades:

- Grupos 2015, 2014 e 2013: actividades de música no Pazo de Rianxiño, con baile, cancións, xogos musicais, debuxos,...

- Grupos 2012, 2011 e 2010 a 2007: saída a praia do Pazo, para realizar unha xornada de xogos na praia (non se van a bañar).

Valorarase, si o calor é excesivo, realizar a xornada de xogos no Pazo de Rianxiño e aprazar a saída á praia.

Programación Campamento 2019

Resume da programación do Campamento 2019

“A Biblioteca Sumerxida - O gran tesouro dos libros” será o centro de interese sobre o que xirarán as actividades e propostas que se desenvolverán durante o campamento. As actividades enfocaranse en función das idades, adaptando tanto a súa complexidade como o seu interese para as idades ás que van destinadas.

O campamento seguirá esta planificación:

Semana 1 – Presentación - O Principiño

Estes primeiros días serán de presentacións, coñecemento do lugar, das monitoras, dos compañeiros e compañeiras.

Este primeiro venres 5 de xullo non se realizará saída.

Semana 2 – O Pirata Alpargata

Obradoiro de bisutería mariñeira, xogo da redeira , ximkana puzzle,...

Deportes: Mini basquet

Saída: 12 de xullo: pendente

Semana 3 – Volta ao mundo en 80 días

Obradoiro de pasta de modelar, xogos de orientación, mural xigante do mundo,...

Deportes: Xogos de habilidades circenses

Saída: 21 de xullo. Espéctaculo 4 Monos, do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade – Auditorio de Rianxo

* Luns 15 de xullo, festivo local.

Semana 4 – Lucerito e os amigos do mar

Obradoiro de acuarelas, obradoiro de animais do mar con plastilina, olimpiadas mariñeiras, ....

Deportes: Xogos populares

Saída: 26 de xullo. Feira do Libro e espectáculo infantil Glop, no Campo de Arriba.

* Xoves 25 de xullo: festivo

Semana 5 – Os músicos de Bremen

Animación á lectura: trabalinguas e composicións, obradoiro de goma espuma, xogo de enigmas musicais,...

Deportes: Xogos con implementos

Saída: 02 de agosto. 2015 a 2013: Lingua e Xogos // 2012 a 2007: Paseo.

Semana 6 –Un mar de contos

Obradoiro de cociña,  xogo Fundir a Flota, disfraces,...

Saída: 09 de agosto. 2012 a 2007: Lingua e Xogos // 2015 a 2013: Paseo.

Semana 7 –Despedida

Obradoiro novas tecnoloxías: gravación do lipdub mariñeiro.

14 de agosto: Festa Fin de Campamento

A programación pode sufrir modificacións. En canto ás saídas, no caso de choiva, realizarase unha actividade alternativa nas instalacións do Pazo. Tamén se comunicará calquera cambio ou necesidade específica de cada saída.

ACAMPADA E FESTA FIN DE CAMPAMENTO

O venres 09 de agosto realizarase a acampada no Pazo de Rianxiño.

O último día de campamento, mércores 14 de agosto, realizarase unha actividade lúdico festiva de fin de campamento no Pazo de Rianxiño.

Maña dará comezo o Campamento Urbano e Deportivo Rianxo 2019, así como tamén os servizo de transporte e Plan Madruga.

GRUPOS
Os grupos establécense segundo o ano de nacemento, tendo como monitores/as:

2015: Lucía, Antía e Fátima

2014: Carmela, Laura e Uxía

2013: Carmen e Cristina

2012: Diana e Adrián

2011: Alba e Eva

2010 a 2007: Miriam e Sara

Coordinadora: Montse

No caso de que queiran cambiar de grupo, deberán comunicalo á organización do campamento que valorará o posible cambio, sempre que non prexudique o bo facer das actividades.

DEPORTES

Comezarán o luns 8 de xullo, É OBRIGATORIO TRAER ROUPA DEPORTIVA E TENIS os días que teñan actividade deportiva. A actividade deportiva realizarase no pavillón do Ies Félix Muriel. Os días de deporte serán:

Luns e Mércores: 2015 e 2014

Martes e Xoves: 2013 a 2007

SERVIZO DE TRANSPORTE

O servizo de transporte comezará tamén mañá. Axuntamos os horarios e as paradas. Pregamos nos avisen dos días que non van a usar o servizo ou que so van a usar a ida ou a volta.
Horarios do servizo de transporte
 

RECOMENDACIÓNS

É recomendable que leven auga e merenda, xa que se realizará un recreo. Aconséllase levar a roupa marcada, e revisar ao marchar se levan todo o que trouxeron.

Os venres, que realizaremos as saídas, cómpre que traian viseira e crema solar protectora. De xeito puntual, poderanse facer outras saídas pola vila e a outras instalacións municipais para realizar algunha actividade.

Non é obrigatorio avisar aos/ás monitores/as de modificacións de horarios ou a non asistencia ao campamento, mais se vai ser algo habitual ou planificado (por exemplo: entrar máis tarde ou saír antes por participar noutras actividades; non vir un día á semana; un período de vacacións, etc.), recomendamos que llo comuniquen ao persoal monitor.

ENTRADAS E SAÍDAS

Para entrar e saír do campamento organizaremos aos nenos e nenas en filas. Cada fila estará marcada cun cartel co ano do grupo, e é alí onde deben esperar os/as nenos/as.

Os grupos de 2015 e 2014 dirixiranse ao patio central, que será onde teñas as súas filas. O resto de grupos na entrada do bloque novo.

Entradas e saídas plano

Ao longo do campamento, cando teñan que chegar tarde ou teñan que saír antes, darase un número de teléfono para chamar e que vaian a abrirlles.

Os/as nenos/as non poderán saír do centro sós ou soas. No caso de que desexen que así o fagan, deberán comunicalo por escrito. Así mesmo, será necesario comunicar por escrito se algún/ha neno/a pode ser recollido/a unicamente por determinadas persoas.

Pregamos aos pais e nais, ou persoas acompañantes, que agarden aos nenos e nenas na parte de atrás, sen invadir as zonas de filas.

Estaremos á vosa disposición para resolver as dúbidas, recoller recibos,...

CONTACTOS

Ante calquera dúbida poden poñerse en contacto con nós no correo campamento@concelloderianxo.gal ou no teléfono 664 181 401 (Uxía) ou 674 041 412 (Montse).

 

 

 

— Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 11 - 18 de 18 resultados.