Campamento Urbano e Deportivo 2019

- Información e autorización Acampada 2019

Blog do Campamento Urbano e Deportivo 2019

Información e autorización Acampada 2019

Este ano volvemos repetir a experiencia da acampada, invitando aos nenos e nenas a participar dunha noite de acampada, na que ademais de cear, almorzar e durmir todos xuntos, realizaremos unha velada nocturna con xogos, cancións, contos,....

​​​​​​​Data: Venres 09 de agosto

Lugar: Pazo de Rianxiño

Horario: De 18:30 a 11:00 h

Incorporación: Venres 09 de agosto, entre as 18:30 e 19:00

Saída: Sábado 10, entre as 10:00 e 11:00

  • 18:30 Recepción participantes
  • 19:00 Xogos
  • 21:00 Cea
  • 22:00 Velada Nocturna / Observación astronómica en colaboración con Todocosmos, do Observatorio da Universidade de Santiago de Compostela e da Fundación Española da Ciencia e Tecnoloxía.
  • 08:00 Erguerse e aseo persoal / Almorzo
  • 10:00 Fin de actividade

Os nenos e nenas deberán traer: unha muda, pixama e zapatillas, cepillo e crema de dentes, toalla e saco de durmir (illante ou colchón si tivese).

NORMAS DE PARTICIPACIÓN

1.- Os nenos e nenas deberán ser autónomos no seu aseo e vestimenta.

2.- A organización encargarase da cea e do almorzo. No caso de que teñan algunha intolerancia ou alerxia deberá notificalo na ficha de autorización.

3.- Si ten que tomar un tratamento médico deberá avisar coa conseguinte prescrición médica.

4.- Ningún participante poderá abandonar a actividade sen a presenza dun adulto autorizado (pai, nai, titor/a), e sempre despois de comunicarllo tanto a monitora como a coordinadora.

5.- Prégase non facer visitas de non ser necesario, co fin de non interferir no desenvolvemento das actividades.

6.- Aconsellase levar a roupa e pertenzas marcadas.

7.- Recoméndase non levar obxectos de valor, nin diñeiro, nin aparellos electrónicos.

8.- Non haberá servizo de transporte