Campamento Urbano e Deportivo 2018

- Venres 20 de xullo: Feira do Libro e teatro Cardume por Xarope Tulu

Campamento Urbano e Deportivo 2018

Venres 20 de xullo: Feira do Libro e teatro Cardume por Xarope Tulu

O venres 20 de xullo acudiremos a Feira do Libro de Rianxo e ao teatro “Cardume” por Xarope Tulu, que se realizará no Campo de Arriba.

O cardume é un espectáculo para tódolos públicos que combina a narración oral coa música en vivo. Onde o público participa da narración, converténdose en ocasións en protagonista da mesma.

En escena, unha narradora e un músico achégannos historias onde as personaxes traballan en conxunto para acadar os seus soños, promovendo valores como a cooperación, a solidariedade, a axuda mutua, a igualdade ou a equidade. A través dos obxectos e melodías iremos descubrindo un mundo onde todxs sumamos.”


O punto de encontro e recollida será o Colexio Castelao e o horario será o habitual, de 10:30 a 13:30 h.