“Operación Xouba: os superdetectives de Rianxo” será o centro de interese sobre o que xirarán as actividades e propostas que se desenvolverán durante o campamento. De xeito transversal traballarase a coeducación, a educación para a saúde, a educación en valores, e a educación ambiental. As actividades enfocaranse en función das idades, adaptando tanto a súa complexidade como o seu interese para as idades ás que van destinadas.
O campamento seguirá esta planificación:
Semana 1 – A vila do mañá: obradoiro de urbanismo e patrimonio para a infancia e a mocidade.
Este ano imos a participar no proxecto “A vila do mañá: obradoiro de urbanismo e patrimonio para a infancia e a mocidade”, co que se pretende achegar a vila e a súa construción aos máis novos. A través do xogo, de dinámicas e a experimentación traballaremos sobre como é Rianxo, que elementos da vila son importantes para eles, e como queren que sexa a vila do mañá.
Semana 2 – Empeza a operación: as feitorías do marimanta
Obradoiro de recoñecemento de pegadas, carreira de detectives, obradoiro de xoiería, ...
Saída: 13 de xullo. Xogando Miudiño – xogos tradicionais, no Campo de Arriba.
Semana 3 – Lupas, pasta, polbos, gravadoras e pinzas
Obradoiro de pasta de modelar, xogos de orientación, gran mural dos detectives,...
Saída: 20 de xullo. Feira do Libro e Espectáculo Maxia
Semana 4 – Misterios sen resolver
Obradoiro de acuarelas, obradoiro de disfraces detectivescos, xincana fotográfica,...
Saída: 27 de xullo. Saída a praia
Semana 5 – Mensaxes ocultas
Animación á lectura: trabalinguas e composicións, procura do tesouro, obradoiro de goma espuma, xogo de enigmas detectivescos,...
Saída: 3 de agosto. Concerto didáctico Gallaecia Gallaeciños "A historia do Jazz"
Semana 6 – Elemental Queridas Xoubas!
Lipdub: elaboración dun vídeo musical, obradoiro de cociña,...
Saída: 10 de agosto. Pendente
A programación pode sufrir modificacións. En canto ás saídas, no caso de choiva, realizarase unha actividade alternativa nas instalacións do colexio. Tamén se comunicará calquera cambio ou necesidade específica de cada saída.
FESTA FIN DE CAMPAMENTO E ACAMPADA
O 10 de agosto realizarase a acampada no Pavillón Polideportivo de Taragoña.
O último día de campamento, martes 14 de agosto, realizarase unha actividade lúdico festiva de fin de campamento no Campo de Arriba.
Os listados dos grupos, organización deporte e piscina publicaránse en breve.
Documento informativo organización
Documento Plan Madruga
Campamento Urbano e Deportivo 2018