Debate sobre o Regulamento de participación cidadáDebate sobre o Regulamento de participación cidadáhttps://rianxo.gal/c/message_boards/find_thread?p_l_id=1142831&threadId=11511562024-03-28T14:15:03Z2024-03-28T14:15:03ZRE: Debate sobre o Regulamento de participación cidadáÁlvarohttps://rianxo.gal/c/message_boards/find_message?p_l_id=1142831&messageId=11574832017-09-02T15:23:43Z2017-09-02T15:20:55ZComo veciño de Rianxo e non como membro de ningunha asociación opino que sería positivo que o regulamento recolla a obrigatoriedade de publicar no portal da transparencia do concello aqueles convenios de colaboración que se vaian pechando, como xa fan outros concellos. Non me quero limitar só a eses convenios, pero é o que atinxe a este tema, pois en Rianxo temos moi esquecido ese portal e a transparencia é un síntoma de democracia e favorece á participación cidadá.Álvaro2017-09-02T15:20:55ZRE: Debate sobre o Regulamento de participación cidadáTobías Betanzos Regohttps://rianxo.gal/c/message_boards/find_message?p_l_id=1142831&messageId=11550802017-08-28T20:05:41Z2017-08-28T20:05:41ZSon Tobías Betanzos Rego, o concelleiro responsable da área de Participación Cidadá, tamén teño responsabilidade na área de Facenda e Económía.
Primeiro, debo saudar a todas as persoas que tedes responsabilidades en entidades asociativas e que por distintas vías sodes convidadas a participar na reunión que teremos o vindeiro venres día 1 as 20:00
Na reunión explicaremos mellor as finalidades e obxectivos que acompañan esta iniciativa de crear o Rexistro Municipal de Entidades Asociativas.
De todas maneiras debemos adiantar que a intención principal é a de axudar a mellorar o traballo asociativo que entre todos e todas estades a desenvolver e neste sentido o primeiro paso é coñecernos máis.
Así saber que entidades asociativas estamos a traballar no concello de Rianxo, en que áreas ou aspectos, con que obxectivos.
Tamén é moi importante coñecer os recursos cos que desenvolvedes as vosas programacións: recursos persoais, económicos, locais e espazos.
O desenvolvemento das programacións en moitas ocasións require unha comunicación importante coa administración, que dende o concello debemos contribuir a facilitar e axilizar.
A preocupación principal da área de participación é sobre todo acompañar con moito respecto o voso traballo, grande, importante para a sociedade.
A vitalidade das iniciativas que desenvolvedes ademais de enriquecer a toda a comunidade na que actuades, é un exemplo de ilusión e de dinamismo á que solo podemos achegarnos con recoñecemento e dende esta área de traballo municipal con moita modestia e coa intención de achegar as nosas propostas para se é posible facilitar o voso traballo e enriquecer o traballo asociativo do concello.
Con este ánimo reiteramos dende este foro a convidación a participar na reunión do venres día 1 de setembro e a participar no propio foro.
Quero aproveitar para agradecer dende aqui, todo o traballo e axuda que desenvolveu o presoal técnico das áreas de cultura e deportes, pola súa contribución a facer posible esta convocatoria e todo o traballo de preparación anterior.
En Rianxo a 27 de agosto de 2017
Tobías Betanzos Rego.Tobías Betanzos Rego2017-08-28T20:05:41ZDebate sobre o Regulamento de participación cidadáParticipaciónhttps://rianxo.gal/c/message_boards/find_message?p_l_id=1142831&messageId=11511552017-08-21T12:11:11Z2017-08-21T12:11:11ZEste fío está aberto á participación de todas as entidades asociativas municipais, coa fin de recoller e debater todas as suxestións sobre a proposta de regulamento do Rexistro Municipal de Entidades Asociativas do Concello de Rianxo.Participación2017-08-21T12:11:11Z