Obras e servizosObras e servizoshttps://rianxo.gal/c/blogs/find_entry?p_l_id=110432024-03-29T10:54:19Z2024-03-29T10:54:19ZObras de saneamento e abastecemento de auga no lugar de QuintánsCarlos Ceshttps://rianxo.gal/c/blogs/find_entry?p_l_id=11043&entryId=36947892023-08-02T14:44:19Z2023-08-02T14:39:00Z
Deron comezo as obras para a dotación de redes de saneamento e abastecemento de auga no lugar de Quintáns, pertencente á parroquia de Isorna.

O proxecto adxudicóuselle á empresa Mecano Obras y Reformas S.L. por un importe de 177.915,61€.

Ao remate da actuación o núcleo de Quintáns contará con 1.063 metros de rede de saneamento e 1.066 metros de rede de abastecemento de agua potable. As obras a executar constarán basicamente de unha escavación en gabia cun ancho e profundidade variable segundo as distintas canalización a dispoñer. Despois de realizar esta operación será preciso encher as gabias con material específico ou con formigón en masa para, por último, realizar unha pavimentación das vías afectadas polos traballos.
Carlos Ces2023-08-02T14:39:00ZRenovación e adaptación ao Regulamento de eficiencia enerxética das iluminacións públicasCarlos Ceshttps://rianxo.gal/c/blogs/find_entry?p_l_id=11043&entryId=36080742023-06-09T12:01:48Z2023-06-09T11:53:00Z
RENOVACIÓN E ADAPTACIÓN AO REGULAMENTO DE EFICIENCIA ENERXÉTICA, RD 1890/2008 DAS ILUMINACIÓNS PÚBLICAS - CONCELLO DE RIANXO - FEDER-EELL-2018-000228

Realízase a substitución de luminarias de Vapor de Sodio e Vapor de mercurio actuais por luminarias máis eficientes de tecnoloxía LED, que supoñen unha mellora das instalacións e permiten unha redución do consumo enerxético das instalacións e redución da contaminación lumínica. As vantaxes das luminarias de tecnoloxía LED son unha maior eficiencia fronte as luminarias substituídas, que se ve reflectida en que con menor potencia instalada conséguense un maior rendemento e unha maior vida útil.

Na devandita actuación substituíronse un total de 2773 luminarias cunha potencia anterior instalada aproximada de 274,076 kW por 2773 luminarias de tecnoloxía LED dunha potencia instalada de 123,755 kW; isto suporá un aforro estimado de 924.488 kWh/anual con respecto ao consumo anual das luminarias anteriormente instaladas.

Ademais, substituíronse 60 cadros de manobra e protección que controlarán as instalacións onde se substitúen as luminarias para adaptalas á normativa técnica vixente actual. Esta actuación suporá unha mellora na seguridade e protección das instalacións reformadas. Substituiranse 1050 metros de cable de cobre de sección 6 mm² para substituír tramos de cable con danos ou para unificar varias luminarias nun único cadro de mando.

Realízanse melloras nas instalacións reformadas que se indican no proxecto, talles como a substitución de 600 brazos soporte e cofreds, a substitución de 10000 metros de cable en instalacións cuxo cablado se atopaba en mal estado, a instalación en 46 cadros de mando reformados de equipos de tele-xestión, que supoñerá unha mellora na instalación á hora de actuar sobre unha avaría e poder reparala coa maior premura posible, e o reforzo de 10 pasos de peóns coa instalación dunha luminaria peonil.

Datos financeiros do proxecto:

INVESTIMENTO TOTAL REALIZADO: 990.624,45 €
AXUDA OBTIDA (FONDOS FEDER): 792.499,56 €
Carlos Ces2023-06-09T11:53:00ZLicitación da obra de saneamento en Pousada, 1ª faseCarlos Ceshttps://rianxo.gal/c/blogs/find_entry?p_l_id=11043&entryId=36079632023-06-09T11:09:00Z2023-06-09T10:56:00Z
O Concello de Rianxo vén de abrir o proceso de licitación da obra de Saneamento de Pousada 1ª fase, na parroquia do Araño.

O proxecto base de licitación está estimado en 222.357,39 euros, e rematará na presentación de propostas o día 29 de xuño, tras a que se celebrará a correspondente mesa de contratación.

O proxecto prevé conectar á rede xeral do Concello no Carballal, previo cruzamento da estrada autonómica AC305, un total de 25 vivendas do núcleo en caída sen empregar ningún pozo de bombeo. Unha actuación previa nesta estrada antes da construción das beirarrúas do Araño favorece este cruzamento.

Tras acometer as obras, o proxecto recolle a reposición en asfalto quente de todo o pavimento por onde discorre a obra. O prazo que se lles da ás empresas para actuar é de catro meses, unha vez sexa adxudicado.

Este proxecto demorou por ter que buscar permisos para transitar por terreos particulares alternativos para realizar o enlace coa estrada no punto máis axeitado.

Este proxecto forma parte do Plan Único da Deputación Provincial da Coruña-Concello de Rianxo.
Carlos Ces2023-06-09T10:56:00ZAprobado definitivamente o proxecto de saneamento de PousadaCarlos Ceshttps://rianxo.gal/c/blogs/find_entry?p_l_id=11043&entryId=35869582023-05-26T15:12:20Z2023-05-26T15:11:00Z
O Pleno da Deputación provincial da Coruña con data de hoxe 26 de maio aprobou as diferentes modificacións presentadas do proxecto de saneamento de Pousada no Araño. Un proxecto que vén de superar todos os permisos administrativos previos correspondentes.: Augas de Galicia, Axencia Galega de Infraestruturas polo seu entronque coa Ac305, que cruza para incorporar vivendas de ambas marxes da estrada.

O proxecto ten así vía libre para a súa licitación no Concello desde este momento. Esta fase ascende agora aprobada realizará un investimento de 222.357,39 euros e ten un prazo de execución de catro meses desde o inicio das obras.

Na actualidade as edificacións asentadas no núcleo e nas marxes norte e sur da AC-305 da zona da Pousada non dispoñen de ningún tipo de servizo de saneamento público que con esta obra se conectarán á rede xeral de sumidoiros.

O presente proxecto da Fase 1 abrangue 15 vivendas habitadas, cunha estimación a longo prazo dunhas 25 vivendas.
Carlos Ces2023-05-26T15:11:00ZProxecto de remodelación do patio cuberto do colexio Brea Segade de TaragoñaCarlos Ceshttps://rianxo.gal/c/blogs/find_entry?p_l_id=11043&entryId=35617982023-05-09T10:18:41Z2023-05-09T10:15:00Z
Con cargo ao plan único da Deputación sacouse de novo a licitación pública o proxecto de remodelación do patio cuberto do Colexio Brea Segade de Taragoña. O proceso anterior quedara inconcluso pola negativa das empresas a realizalo, polo que se dotou con 33.000 euros adicionais de recursos propios do Concello para chegar agora aos 95.000 euros.

A execución terá lugar ao longo do verán para estar dispoñíbel no novo curso. As empresas teñen de prazo até o 18 de maio para presentar as súas propostas que serán despois avaliadas na Mesa de Contratación do Concello de Rianxo. Resolverá as carencias do patio cuberto actual cunha nova envolvente, acompañados dunha mellora no confort interior, o cal se buscará conseguir tanto a través da mellora da envolvente térmica da edificación, na cuberta do edificio así como ca disposición duns acabados que fagan da edificación un volume estanco á auga.
Carlos Ces2023-05-09T10:15:00ZA parroquia do Araño conéctase á traída municipalCarlos Ceshttps://rianxo.gal/c/blogs/find_entry?p_l_id=11043&entryId=35602492023-05-08T09:41:30Z2023-05-08T09:39:00Z
Deron comezo as obras que conectarán á rede pública as primeiras vivendas da parroquia do Araño. Ao longo da estrada AC305 a empresa Simal está a realizar unha actuación de douscentos vinte metros de canalización que comunicará a rede proveniente de Outeiro en Taragoña coa zona da Casilla, xa no Araño. Esta actuación, financiada con fondos propios do Concello, conecta a rede existente desde A Casilla coa obra realizada baixo as beirarrúas da estrada autonómica, para chegar á recta do Araño e na que o Concello se anticipou dispoñendo xa das tubaxes necesarias. Con este tramo en execución permitirase tamén abastecer ás vivendas da aldea da Casilla, cunha actuación posterior incluída no Plan Único da Deputación e que xa conta cos permisos para atravesar a estrada autonómica e dar servizo a toda a aldea, coa conseguinte reposición da zona afectada polas obras.

A duración prevista é dunha semana de obras e dará cobertura a unhas dez vivendas directamente da marxe dereita da estrada (dirección Ribeira). Trabállase tamén un proxecto de conexión co depósito de Taragoña de toda esta rede o que a dotará de maior potencia e caudal.
Carlos Ces2023-05-08T09:39:00ZObras de saneamento e abastecemento de Quintáns (Isorna) e abastecemento de Corques (Taragoña)Carlos Ceshttps://rianxo.gal/c/blogs/find_entry?p_l_id=11043&entryId=34478892023-02-24T11:59:22Z2023-02-24T11:55:00Z
Ambas as actuacións forman parte do Plan Único da Deputación en Rianxo e veñen de rematar o seu proceso de licitación aberto hai uns meses. Coa sinatura dos contratos as empresas adxudicatarias comezan a conta atrás para executar dúas obras que forman parte das prioridades do equipo de goberno, como son impulsar avances en saneamento e abastecemento en todos os núcleos que carecen del a través do Plan de Obras (POS) da Deputación.

En concreto a primeira das obras correrá a cargo da empresa Mecano e consistirá no saneamento e abastecemento do lugar de Quintáns en Isorna. A actuación afectará a unhas 35 vivendas que se conectarán á depuradora existente e eliminarán unha zona de risco de verquidos ao río Ulla ademáis de resolver o abastecemento en risco durante a época estival. O importe de adxudicación foi de 215.277,89 euros a favor da Empresa MECANO. Mellorará a situación dunhas 35 vivendas que pasarán a dispoñer dos dous servizos. O período de execución é de seis meses e contempla a posterior reposición dos servizos afectados polas obras con nova capa de rodadura de asfaltado. Ademais contempla a instalación dun pozo de bombeo para conducir á rede xeral unhas oito vivendas que quedaban nunha cota máis baixa que a rede existente.

A segunda das actuacións é a DOTACIÓN E AMPLIACIÓN DA REDE DE ABASTECEMENTO DE AUGA NO LUGAR de Corques, na parroquia de Taragoña a favor da empresa EXCAVACIONES MIDON SL e por un importe de 99.751,55 €; por ser a mellor das ofertas con arranxo aos criterios de adxudicación. Afectará a unhas 25 vivendas cubrindo toda a aldea desde o depósito existente de Taragoña e supón achegar a traída municipal á beira da estrada autonómica AC305 co que se permitirá abordar o futuro enganche para levar até O Araño a rede a través deste vial.

O prazo de execución neste caso será de 2 MESES contados dende o día seguinte ao da firma da acta de comprobación do reformulo, quedando a empresa adxudicataria suxeita ao cumprimento de todas e cada unha das condicións sinaladas na súa oferta.
Carlos Ces2023-02-24T11:55:00ZAcondicionamento da rotonda de TéCarlos Ceshttps://rianxo.gal/c/blogs/find_entry?p_l_id=11043&entryId=34346632023-02-16T09:29:17Z2023-02-16T09:26:00Z
O Concello de Rianxo asumiu o acondicionamento e reforma da rotonda de Té, a principal arteria de entrada a Rianxo desde a autovía AG-11. Neste momento estanse a executar as obras na citada rotonda despois de acadar os permisos necesarios por parte da Xunta de Galicia, titular da rotonda, e o visto e prace da Deputación da Coruña, titular dos viais a Taragoña e Rianxo e con competencias tamén nesa zona.

O proxecto que se está a realizar pretende un obxectivo duplo: por un lado dignificar o principal dos accesos ao Concello, buscando unha mellor estética e presentación dando outra imaxe física renovada do que sería a porta de entrada aos cascos urbanos principais de Rianxo, entre eles á propia vila e ao propio parque empresarial. En segundo lugar co obxectivo de facer unha intervención que supoña o menor mantemento posíbel posterior por parte dos operarios municipais, co emprego de materiais con pouco labor unha vez realizados os traballos.

O deseño da rotonda é un traballo de deseño de Xardinería Saborido e a execución técnica por parte da empresa Tarrío y Suárez. Adaptouse ás esixencias da Xunta no que atinxe a altura dos elementos qaue a van compoñer. Simbolizará a rosa dos ventos cos catro puntos cardinais sinalizados coa súa inicial (N-S-L-O) ás que se engadirán as letras Rianxo de metro e medio de altura iluminadas e realizadas coa tipografía Gallaecia, inspirada en Castelao - Persoeiro principal do Concell que á súa vez terá unha imaxe icónica de case que catro metros de altura elaborada en aceiro corten presidindo a rotonda.

Os materiais empregados son gravas e cantos rodados de diferentes cores e formas, buxos e fornios delimitando zonas e oliveiras como elemento vexetal. Todo, coa idea de ter o menor mantemento posterior (para o que se instala unha malla antixerminativa) e cunha colocación espacial que non cambie a visión xeral do viario, unha das esixencias dos permisos autonómicos á súa instalación.

Esta actuación está executada con fondos propios municipais con cargo parcialmente do último remanente de tesourería. Foi obxecto de diferentes negociacións con departamentos da Xunta para adaptarse ás súas indicacións, entre outras tamén o traslado e recolocación dun grupo escultórico que se situou no acceso a Boiro desde Rianxo.

Os traballos na súa integridade coa colocación dos elementos de aceiro prevese para fins de marzo.
Carlos Ces2023-02-16T09:26:00ZA Casilla será a primeira aldea da parroquia do Araño en conectarse á rede pública de abastecemento con 22 vivendasCarlos Ceshttps://rianxo.gal/c/blogs/find_entry?p_l_id=11043&entryId=34265112023-02-10T13:52:51Z2023-02-10T13:50:00Z
O pleno celebrado xoves 9 de febreiro aprobou a participación no Plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal (Plan Único de concellos) “Pos+ 2023” da Deputación Provincial da Coruña con catro proxectos de saneamento e abastecemento. Na votación resultante foi aprobada a proposta do goberno municipal por todas as formacións, BNG, PSOE, PP e Cidadáns, agás por Rianxo en Común que votou en contra da proposta.

Os proxectos aprobados dentro das diferentes achegas do Plan supoñen un importe total de 681.566,58 euros e tal e como foi sinalado pola Alcaldía supoñen priorizar actuacións dirixidas a homologar servizos básicos que toda a veciñanza debe ter e equilibrar as diferentes parroquias nun servizo como o do saneamento e do abastecemento.

Neste senso salientou que entre os proxectos aprobados figura o abastecemento da Casilla primeira aldea do Araño desde a traída municipal. Unha actuación posíbel pois se desenvolveron diferentes actuacións previas desde Outeiro-Taragoña á zona da Casilla para dotar do servizo tan axiña fose posíbel, así como no actual tramo de aceiras executándose na AC305 que contempla a instalación adicional de rede de auga. Este proxecto supón un investimento de 132.470,80 euros para unhas 23 vivendas e o cumprimento do compromiso de chegar ao Araño coa rede,

Outro dos proxectos aprobados é o saneamento de Tronco, primeira Fase, que nesta fase supón 208.785,50 euros. Contempla un bombeo e beneficiará a 22 vivendas e o único cámping do Concello. Implica tamén a práctica incorporación da totalidade da parroquia de Rianxo á rede de sumidoiros municipais.

O terceiro proxecto dentro do plan complementario é un primeira fase do saneamento e abastecemento para Vilanustre en Asados. Nesta actuación, de 194,386, 50 euros chégase a unhas doce vivendas. Cunha depuradora autónoma non se verquerá á rede xeral e evitará o uso de bombeos. Unha cesión de parcela contemplada no proxecto posibilita este sistema xa posto en prática en Foxacos e Cerqueiras,

O cuarto dos proxectos e dentro do Plan Complementario é a segunda fase do saneamento e abastecemento de Vilas, que cun importe de 145.523, 78 euros abranguerá a 12 vivendas. Conectarase coa actuación a piques de licitarse e segue o mesmo esquema de instalación de depuradora autónoma evitando os custes adicionais dos bombeos e o seu mantemento e consumo en electricidade.

Coas dúas actuación de Asados completaríanse agás algunhas vivendas individuais a rede de saneamento de Asados que se achegaría así o obxectivo de saneamento integral da parroquia.

Todas as obras contemplan a reposición posterior en asfaltado en quente o que supón importantes custes nas obras pero que deixarán en boas condicións o firme das aldeas sobre as que se actúa.

Ademais das obras aprobouse destinar un total de 40.829,86 euros a gasto corrente e 5.200,31 a minorar os préstamos.

A alcaldía tamén informou da adxudicación e sinatura do contrato de obras de saneamento de Quintáns en Isorna e abastemento de Corques en Taragoña polo que poderían iniciarse os traballos en vindeiras datas.

RESUMO

Abastecemento da Casilla: 132.470,80 euros

Saneamento de Tronco, primeira Fase: 208.785,50 euros.

Saneamento e abastecemento para Vilanustre : 194,386, 50 euros

Segunda fase do saneamento e abastecemento de Vilas: 145.523, 78 euros

Gasto corrente: 40.829,86 euros

Préstasmos: 5.200,31 euros

TOTAL: 727.196,35 euros

POS Adicional para gastos sociais extraordinarios

Tamén se aprobou co mesmo resultado que a anterior votación destinar un 72.804,36 euros a financiar gasto social entre os que se encontra:

Reforzo - ampliación de persoal técnico e/ou administrativo adscrito aos servizos sociais do concello, co fin de apoiar aos equipos actuais e/ou facilitar a tramitación urxente das prestacións obxecto deste plan

Ampliar o servizo de axuda a domicilio en todas as súas modalidades, e calquera outro de análoga natureza que se preste no domicilio da persoa, rehabilitación, como perruquería, podoloxía, comedor sobre rodas, etc.

Reforzo dos servizos e axudas económicas para respiro familiar e medidas de conciliación a persoas que carezan de medios económicos suficientes para asegurar a cobertura destas necesidades, valoradas polos profesionais dos servizos sociais comunitarios.
Carlos Ces2023-02-10T13:50:00ZRede de abastecemento entre A Casilla e PousadaCarlos Ceshttps://rianxo.gal/c/blogs/find_entry?p_l_id=11043&entryId=33432952022-12-13T13:40:54Z2022-12-13T13:35:00Z
O Concello de Rianxo está a impulsar, con fondos propios, a colocación dun tramo da rede de abastecemento municipal no Araño entre A Casilla e Pousada.

Para evitar actuacións posteriores está a aproveitar as actuais obras de instalación das beirarrúas impulsadas pola Xunta na AC-305 para instalar xa a tubaxe de subministro que se conectará coa rede xeral. Será un novo paso para dar continuidade ao servizo de abastecemento desde a zona de Outeiro en Taragoña e no que restarán para a súa conclusión apenas 200 metros para a ligazón completa, un tramo que se prevé realizar a continuación, nos vindeiros meses.

Anticipando tamén o futuro saneamento da aldea de Pousada, esta intervención contempla tamén unhas arquetas que darán saída aos sumidoiros aos que se enganchará a rede xeral nas obras de saneamento da aldea. Esta obra, saneamento de Pousada, forma parte do Plan Único da Deputación e prevese licitar nunhas semanas. Contará cun orzamento de 222.000 euros.
Carlos Ces2022-12-13T13:35:00ZAcondicionamento de aseos na Planta baixa do Concello de Rianxo Carlos Ceshttps://rianxo.gal/c/blogs/find_entry?p_l_id=11043&entryId=32872092022-11-04T13:22:05Z2022-10-26T12:20:00Z
O concello de Rianxo está a executar a obra Acondicionamento de aseos na Planta baixa do Concello de Rianxo no concello de Rianxo 2022/C002/000005 , financiado pola XUNTA DE GALICIA a través do Proxecto de creación ,mellora e ampliación de Servizos básicos municipais.

A actuación consiste no Acondicionamento de aseos na Planta baixa do Concello de Rianxo.

Esta obra conta cun investimento total de 36845,53 euros. O importe da axuda DXAL da Xunta de Galicia é de 25.791,87 € Recursos propios: 11.053,66 €

Anexo fotográfico (pdf)
Carlos Ces2022-10-26T12:20:00ZO Pleno aproba por unanimidade os proxectos do Plan de Obras e Servizos 2022Carlos Ceshttps://rianxo.gal/c/blogs/find_entry?p_l_id=11043&entryId=28951942022-02-10T10:26:27Z2022-02-10T10:21:00Z
A corporación municipal de Rianxo, na sesión celebrada o mércores 9 de febreiro, aprobou por unanimidade a relación de proxectos presentada polo equipo de goberno para incluír na relación do Plan Único da Deputación para o 2022. As propostas de Rianxo suman un total de 305.885,76 ás que se engaden dous proxectos no Plan Complementario pendente de novas achegas por valor de 275,260,79.

A diferenza doutros anos, este plan non implicará a incorporación de facturas atrasadas que foron xa pagadas nin se acode a un novo préstamo provincial. Decidiuse prescindir de incluír obras en pistas pois abordaranse con traballo da propia brigada de obras e noutros plans.

PROXECTOS INCLUÍDOS

Cambio de cuberta do pavillón polideportivo de Rianxo: 171.432,87

Renovación instalación eléctrica edifico Liceo: 38.749,94

Acondicionamento mobiliario segundo Bloque Vivendas Mestres: 22.983,71

Primeira fase cambio luminarias Paseo Marítimo Setefogas-Rinlo: 31,626,31

Redución gasto corrente: 36.974,47

Achega municipal adicional: 4.118,46

Total: 305.885,76

PLAN COMPLEMENTARIO

Dotación Rede abastecemento e saneamento de Vilas: 168.420,21

Ampliación abastecemento de Taragoña (Fachán, Chorente A Coviña): 106.840,58

Total: 275.260,79

POS ADICIONAL GASTO SOCIAL

Persoal técnico apoio servizos Socias, 42.273,70

Axuda a domicilio: 30.658,88

Total gasto social: 72,942,58

Toma de posesión do novo Concelleiro do BNG

Na mesma sesión tomou posesión co Sempre en Galiza de Castelao o novo concelleiro Xosé Vázquez González que prometeu o seu cargo e pasará ter nos vindeiros días responsabilidades de goberno. O conxunto da corporación aplaudiu a súa incorporación e aproveitaron as súas intervencións para desexarlle sorte na nova andaina.
Carlos Ces2022-02-10T10:21:00ZMellora e mantemento do firme da estrada de Rianxiño ao BarralCarlos Ceshttps://rianxo.gal/c/blogs/find_entry?p_l_id=11043&entryId=27143962021-10-13T09:11:29Z2021-10-01T09:09:00Z
O concello de Rianxo está a executar a obra de MELLORA E MANTEMENTO DO FIRME DA ESTRADA DE RIANXIÑO AO BARRAL-T1, financiado a través do Plan marco da Xunta de Galicia.

A actuación consiste na mellora dun tramo da pista que vai desde Rianxiño o Barral Tramo 1, na parroquia de Rianxo. Esta obra conta cun investimento total de 41.538,94 euros. O importe da axuda é de 34.329.70 euros e enmárcase no programa Plan marco de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2021-2022, cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), ao abeiro do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020 (DOG núm. 19 de 9.01.2021)

Anexo fotográfico (pdf)
Carlos Ces2021-10-01T09:09:00ZComezo das obras na fachada sur do Pavillón Polideportivo de RianxoCarlos Ceshttps://rianxo.gal/c/blogs/find_entry?p_l_id=11043&entryId=26046982021-08-12T11:02:43Z2021-08-10T12:08:00Z
Deron comezo por parte da empresa Irmáns Romay as obras de mellora do illamento da fachada sur do Pavillón polideportivo de Rianxo. A obra conta cun orzamento total de 36.574,46 euros dos que 29.259,56 euros son financiados a través dun Convenio de cooperación entre a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e o Concello de Rianxo, na persoa do alcalde de Rianxo.

A obra prevese rematar en dúas ou tres semanas deste mes de agosto e obrigou a instalar unha estada que ocupa parte da zona de aparcadoiro da piscina. Para a mellora térmica instálase un illamento SATE de 60 mm que facilitará a impermeabilización para un posterior repintado.

Esta actuación forma parte dun proxecto máis completo que irá poñendo ao día estas instalacións municipais en sucesivas fases que se inician resolvendo o illamento da fachada máis exposta á chuvia.
Carlos Ces2021-08-10T12:08:00ZRenovación de luminarias para o proxecto de adaptación do alumeado público para a eficiencia enerxéticaCarlos Ceshttps://rianxo.gal/c/blogs/find_entry?p_l_id=11043&entryId=24029392021-04-02T10:46:43Z2021-03-31T11:46:00Z
O Concello de Rianxo está a realizar nestas semanas o troco de luminarias previsto no proxecto Renovación e adaptación do alumeado público, proxecto que pretende mellorar a eficiencia enerxética do Concello e que prevé a substitución progresiva do alumeado por lámpadas LED, así como a instalación de novos cadros de mando.

Nesta fase, o proxecto, financiado nun 80% polo IDAE (Instituto para la Diversificación y Ahorro de la Energía-Ministerio de Transición Ecológica) e nun 20% polo propio Concello, contempla a substitución dun 60% (2033) das luminarias totais do municipio e do 65% dos cadros de mando. Son 63 cadros dos 90 dispostos na rede para dotalos de, entre outras melloras, elementos de telexestión, o que redundará na eficiencia. As luces contan cunha garantía mínima de cinco anos asumidas pola empresa subministradora que se encargará da súa substitución en caso de fallo técnico.

O proxecto comeza nesta fase primeira no rural de Rianxo, mellorando substancialmente as instalacións e a iluminación en boa parte dos núcleos. Estase traballando xa nunha nova axuda ao IDAE para acometer o troco restante de luminarias e abranguer todo o concello. No zona vella de Rianxo e no polígono empresarial, este na súa totalidade, xa se acometeran algunhas actuacións puntuais. que nun futuro se completarán nunha segunda e definitiva fase, así como outras axudas públicas que poidan xurdir.

O nivel de satisfacción da veciñanza semella alto nos lugares onde xa se produciu o cambio, que nestes momentos vai polo 50% do previsto, cuns estándares de iluminación para as diferentes vias moi elevados e nas que as ferramentas tecnolóxicas permiten mesmo graduar a luz existente para rebaixarse en tramos horarios e adaptarse ás condicións de tránsito existentes.

A empresa gañadora do concurso foi IMESAPI, por un importe final de 757.649,40 euros fronte a outras dezaseis propostas baremadas. Contempla tamén diferentes melloras como dez mil metros de cable, elementos de seguridade, 600 brazos de aceiro, dez farois para pasos de cebra e a telexestión. Esta empresa foi tamén encargada de realizacións na Pobra, Castelló, Almendralexo ou Yaiza.

O importe total do proxecto adxudicado ascende a 757.649 euros. En canto á potencia instalada, baixará de 233.390 kW anuais a 110.630 kW e o consumo un 67,41%. En termos económicos, prevese un aforro do 59,83 % da factura actual. No que se refire á baixada de carbono pasaríase de 525 toneladas de emisión a 210 toneladas anuais e tamén hai que ter en conta a redución da contaminación lumínica.

Esta medida é unha das contempladas no recentemente aprobado Plan de Acción para ou Clima e a Enerxía Sostible, PACES, que prevé a redución gradual de emisións de CO2 nos sectores chave do 50 % en edificios municipais, o 60 % na iluminación pública e o 40 % nos edificios privados/terciarios e do transporte.
Carlos Ces2021-03-31T11:46:00ZAprobado o Plan Único 2021 da Deputación da CoruñaCarlos Ceshttps://rianxo.gal/c/blogs/find_entry?p_l_id=11043&entryId=23110352021-02-08T11:56:14Z2021-02-05T11:58:00Z
A proposta do grupo de goberno (BNG-PSOE) contou coa aprobación dos grupos municipais do PP e Cidadáns e a única abstención de Rianxo en Común.

O Plan Único da Deputación procura seguir afondando no obxectivo de fomentar o abastecemento e o saneamento integral do Concello.

Neste senso, para achegar a auga do Ulla ao Araño promóvese unha actuación a modo de fase inicial que desde o depósito de Taragoña abastecerá Corques e baixará á estrada xeral AC305. Esta actuación, ABASTECEMENTO DE CORQUES-ESTRADA XERAL AC305 contará cun orzamento de 103.962,06 euros.

Como diciamos é a actuación previa imprescindíbel para acometer en vindeiros POS uns 200 metros a Outeiro e poder abastecer así A Casilla, primeira das zonas do Araño que recibiría traída pública. De aí a Pousada e á recta do Araño.

No que atinxe o plan complementario impulsa dúas actuacións:

1. CAMBIO DE CUBERTA DE PAVILLÓN POLIDEPORTIVO con 136.402,83 €. Para eliminar filtracións existentes dentro dun impulso xeral que se pretende ao pavillón principal do Concello polo que pasan milleiros de persoas no ano.

2. DOTACIÓN DE REDES DE SANEAMENTO E ABASTECEMENTO DE AUGA NO LUGAR DE QUINTÁNS, NA PARROQUIA DE ISORNA - FASE I cun orzamento de 243.527,03 € é un proxecto que foi paralizado no seu momento dentro das actuacións da saneamento integral da ría da Xunta e que se rescatou para ser financiado polo Plan Único da Deputación. Quintáns é o núcleo máis grande do Concello que fica sen saneamento, unha situación que se corrixiría con este proxecto.

Creación do Centro de Información á Muller (CIM) e reforzo da Área de Servizos Sociais

Dentro da achega provincial de 144.008.82 € asignada ao financiamento dos gastos sociais extraordinarios que destina para o Concello de Rianxo optouse por unha dupla vía:

1. Reforzo de persoal técnico e/ou administrativo, adscrito aos servizos sociais, co obxecto de apoiar ao equipo actual, e facilitar a tramitación urxente das prestacións: 1 persoa, traballador/a social.

2. Creación Centro de Información á Muller (CIM) con dúas persoas: psicólogo/a e traballador/a social: 2 persoas.

As tres prazas novas levan un investimento de 72.021,06 €. Ademais disto reforzase o gasto corrente de axuda a domicilio con 71.987,76 €.

Gasto corrente e pagos a provedores

Tamén se destina a mellorar a xestión ordinaria a cantidade de 228.661,93 € para pagos pendentes a provedores e 100.965,23 € de financiamento de gasto corrente.

Pago de débeda bancaria

Destínanse 56.574,89 € a rebaixar a débeda financeira cos bancos.

Sesión extraordinaria urxente 02/2021 do Pleno da Corporación

Carlos Ces2021-02-05T11:58:00ZInicio das obras de saneamento en FoxacosCarlos Ceshttps://rianxo.gal/c/blogs/find_entry?p_l_id=11043&entryId=21737472020-10-25T14:26:40Z2020-10-23T12:29:00Z
A empresa Nemesio Ordóñez iniciou os traballos de construción do saneamento da aldea de Foxacos, no Araño.

Durante tres meses, e cun importe final de 135.000 euros, acometerase esta actuación, que dará servizo á totalidade de vivendas do núcleo. Trátase ademais dunha actuación que supón a depuración autónoma con dous depósitos que evitarán o uso de bombeos ou de electricidade.

Os fondos dependen do Plan Único da Deputación da Coruña e do Concello de Rianxo.
Carlos Ces2020-10-23T12:29:00ZInicio das obras de instalación dun ascensor na Clínica Vella de RianxoCarlos Ceshttps://rianxo.gal/c/blogs/find_entry?p_l_id=11043&entryId=21624712020-10-14T18:32:08Z2020-10-14T08:59:00Z
A empresa Obras Gallaecia SL iniciou esta semana as obras para a instalación dun ascensor na Clínica Vella de Rianxo. Foi adxudicada por un importe de 55.465,09 € e ten un prazo de execución de 3 meses. Forma parte do Plan Único da Deputación da Coruña e do Concello de Rianxo e dará servizo a tres andares da antiga edificación que albergará servizos municipais e o Instituto Social da Mariña. Resolve, neste senso, os problemas de accesibilidade que afectaba aos centos de beneficiarios/as e afiliados/as do mar que tiñan o seu centro de referencia de atención nestas oficinas.

A obra contempla un ascensor exterior independente para acceder a cada unha das plantas do edificio.
Carlos Ces2020-10-14T08:59:00ZMellora e mantemento do firme da pista do Casoliño - AsadosCarlos Ceshttps://rianxo.gal/c/blogs/find_entry?p_l_id=11043&entryId=24740042021-05-21T05:45:37Z2020-09-04T06:51:00Z

Finalizou a obra de mellora e mantemento do firme da pista do Casoliño (Asados) financiada polo FEADER dentro do Plan marco de mellora dos camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2020-2021, do Plan de Desenvolvemento Rural de Galicia 2014-2020.
Carlos Ces2020-09-04T06:51:00ZLicitación do ascensor do edificio do ISMCarlos Ceshttps://rianxo.gal/c/blogs/find_entry?p_l_id=11043&entryId=17580372019-11-29T07:46:23Z2019-11-28T19:54:00Z
O Perfil do contratante do Concello de Rianxo publicou a licitación por 59.570,87 € dun ascensor que dará servizo a todo o edificio do ISM. Neste edificio, o obradoiro de emprego Clínica Vella construirá, no espazo ocupado polo antigo centro de saúde (primeiro andar), os locais de ensaio para a mocidade. O ascensor finánciase cos fondos do Plan Único da Deputación e do Concello de Rianxo.

Toda a información da licitación está na plataforma de contratación do Estado: https://contrataciondelestado.es/wps/poc?uri=deeplink%3Adetalle_licitacion&idEvl=u4MTN2eTZG2XQV0WE7lYPw%3D%3D
Carlos Ces2019-11-28T19:54:00Z