Educación e Cultura

Programa de aulas socioculturais e ocio educativo, marzo a xuño 2023 - AULA DE TEATRO: A INTERPRETACIÓN - Concello de Rianxo

INFORMACIÓN XERAL

Centro Sociocultural - Auditorio
Rúa dos autores da Rianxeira s/n, Rianxo

981 100 688

cultura@concelloderianxo.gal

Concellería de Educación e Cultura

Horario de inverno:
​​​​​​​luns - venres: 08.00 - 15.00
 

Horario de verán:
luns - venres: 08.00 - 14.00
​​​​​​​

Subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura. Mantemento do persoal técnico en animación sociocultural

EDUCACIÓN E CULTURA

AULA DE TEATRO: A INTERPRETACIÓN

Programa de aulas socioculturais e ocio educativo, marzo a xuño 2023

AULA DE TEATRO: A INTERPRETACIÓN


Finalidade: o noso obxectivo é adentrarnos na interpretación dramática a través da formación actoral e da creación de personaxes, empregando unha metodoloxía que achegue conceptos teórico-prácticos dende un enfoque eminentemente práctico e proactivo. Traballaremos a expresión e control corporal, o expresión vocal, a respiración, amais de aspectos como a atención, a memoria, a concentración, a creatividade, a autoestima, a conciencia propia, o contacto social e pertenza a un grupo, a igualdade, as habilidades sociais, a motivación ou o empoderamento.
Persoas destinatarias: maiores de 18 anos.
Docente: Amantia Coello Rodríguez.
Días: mércores 22 e 29 de marzo; 5, 12, 19 e 26 de abril; 3, 10, 24 e 31 de maio; 7, 14, 21 e 28 de xuño.
Horario e lugar: de 18:00 a 20:00, no Liceo (baixo).
Participantes: máximo 15 participantes.

Prazo de matrícula: ata ao 16/03/2023 ás 14:00, no formulario creado ao efecto na web do concello. https://concelloderianxo.gal/web/forms/shared/-/form/3219599​​​​​​​

  • As admisións serán por rigorosa orde de inscrición.
  • Os días e horarios poden variar unha vez iniciada a actividade tras acordo de docentes e alumnado e existindo dispoñibilidade de instalacións.
  • Todas as actividades son gratuítas

Máis información: concelloderianxo.gal, cultura@concelloderianxo.gal ou no telf 981 100 688